BLOG DA BIBLIOTECA DO CEIP PORTO CABEIRO (REDONDELA, PONTEVEDRA)

BLOG DA BIBLIOTECA DO CEIP PORTO CABEIRO (REDONDELA, PONTEVEDRA)
SAÍNZA, A NOSA MASCOTA

miércoles, 8 de mayo de 2019

FEIRA GASTRONÓMICA

Este ano para celebrar o Entroido fixemos unha feira gastronómica á que foron invitados todos os membros da comunidade educativa. O primeiro paso foi elixir países, tarefa que fixemos aos mestres, e converter cada aula na cociña do país elixido. Despois de darlle unhas voltas quedámonos con: Grecia, Estados Unidos, Italia, México, Francia, Marrocos, Caribe, China, Xapón, Alemaña e Portugal. O segundo paso, expoñerlle aos alumnos cales eran os países propostos e que cada un deles escollera a qué país quería ir a cociñar. Todos os grupos contaban con nenos de todos os niveis do centro, dende 4º de educación infantil ata 6º de Educación Primaria. O terceiro paso e un dos máis importante foi a investigación. Cada grupo tiña que saber cal era o plato e a vestimenta típica do país escollido. Unha vez que o souberan, tiñan que escoller duas receitas para cociñar o día da festa, tendo en conta a complicación e o tempo de realización. Por último, materializamos esa investigación a través dos traxes confeccionados polos nenos e nenas contando coa axuda dos mestres e cociñando os platos que se degustarían o día da feira gastronómica. Para que todo saise moi ben, primeiro fixemos moitas probas e aquí está a mostra de que canto máis probábamos, mellor o pasábamos.

Aquí vos deixamos un resumo incluindo o resultado final.

No hay comentarios: