Na nosa vila
estase rodando unha película sobre María Soliña e o noso alumnado tivo a sorte
de poder asistir a unha parte da rodaxe. Os alumnos de 4º, 5º e 6º e as súas
familias puideron ver en vivo e en directo como se realiza unha película e
mesmo participaron como figurantes. Ademais, tiveron a oportunidade de
entrevistar ao director Ignacio Vilar ao rematar. Antes, realizaron unha investigación sobre a súa filmografía e realizaron un visiondo dun fragmento dunha das súas películas "Pradolongo".
Moitas grazas por convidarnos.
No hay comentarios:
Publicar un comentario