Para comezar este curso na biblioteca do C.E.I.P. Porto-cabeiro decidimos realizar varias sesión de formación de usuarios. Estas sesións son especialmente necesarias este curso xa que o ano pasado fixemos un gran cambio na nosa biblioteca. A formación centrouse na organización dos libros na biblioteca, tendo en conta a CDU, e nas normas que debemos seguir para poder empregar os seus recursos. A primeira das sesión foi dirixida aos mestres e a continuación, realizouse unha sesión para cada curso do cole. Ao rematar, cada neno levou un marcapáxinas relacionado co tema do proxecto que empregaremos para marcar a data de devolución dos materiais que leven en préstamo.
No hay comentarios:
Publicar un comentario