BLOG DA BIBLIOTECA DO CEIP PORTO CABEIRO (REDONDELA, PONTEVEDRA)

BLOG DA BIBLIOTECA DO CEIP PORTO CABEIRO (REDONDELA, PONTEVEDRA)
SAÍNZA, A NOSA MASCOTA

miércoles, 7 de abril de 2021

21 MARZO : DÍA DA POESÍA

 Ola a todos e todas:

Para celebrar o día da poesía temos unha selección de libros de poemas para todos os gustos...


Unha das actividades que realizamos está relacionada co noso proxecto de centro "As Portolimpíadas", o libro de poemas escollido   para traballar neste curso tan deportivo foi " Versos de Deportes" de Javier Ruíz . 


En 5º e 6º de primaria traballamos un poema dedicado a Rafa Nadal.
Aproveitamos a chegada dos escornabots ao noso centro e preparamos un taboleiro coas palabras que riman neste poema. Trátase de que os rapaces recollan estas palabras co robot e compoñan o poema.



A actividade resultou moi divertida xa que o equipo que tardara 
menos tempo sería o ganador.








Os alumnos de 5º empregaron os escornabots para traballar un poema dedicado a Javier Fernández. Este poema é un acróstico da palabra "patinaje".
Os alumnos de infantil traballaron un poema sobre o medallero olímpico, pasárono bomba.


Os alumnos e alumnas de 1º de primaria tamén empregaron os Escornabots co seu poema sobre o Badmington.
Podemos ver o vídeo premendo en VER VÍDEO











Ata a próxima!





No hay comentarios: