BLOG DA BIBLIOTECA DO CEIP PORTO CABEIRO (REDONDELA, PONTEVEDRA)

BLOG DA BIBLIOTECA DO CEIP PORTO CABEIRO (REDONDELA, PONTEVEDRA)
SAÍNZA, A NOSA MASCOTA

sábado, 3 de abril de 2021

COÑECENDO A IÑAKI ZUBIZARRETA

 Ola a todos e todas:

Os días 11 e 18 de marzo tivemos un encontro virtual con Iñaki Zubizarreta, coñecido xogador de baloncesto na Liga ACB.

Alumnos e alumnas de 5º e 6º participamos nesta charla taller no que se tratou o tema do ACOSO ESCOLAR, xunto con rapaces e rapazas doutros centros.



 A primeira sesión, Iñaki Zubizarreta falounos da súa esperiencia persoal; na segunda sesión contestou ás preguntas dunha entrevista elaborada polos alumnos e alumnas da nosa escola e doutros centros educativos que tamén participaron na actividade.

Falounos tamén do seu cómic "Subnormal", no que relata con moita claridade o que lle tocou vivir.

Grazas Iñaki por compartir con nós a túa experiencia e sensibilizarnos nesta problemática.
 


No hay comentarios: