Vén silandeiro e acende as candeas que iluminan o escenario da noite, na que as cabazas celebran a súa festa anual (sacado de: "Indo para o Samaín", libro que podedes ler na biblioteca xunto a outros máis ambientados nesta festa tradicional celta). Vinde coñecelos.
Nós, no colexio, celebrámolo como en anos anteriores cunha exposición de cabazas que decoraron e trouxeron das casas os alumn@s. Graciñas pola vosa colaboración.
O venres, 29 de outubro, acendémolas ás 9 da mañá coas luces apagadas do colexio e foi xenial.
Podedes atopar unha boa recompilación de recursos do Samaín feita polo CEIP Victor Saenz, de Mazaricos no blog da súa biblioteca. A súa dirección é: http://bibliovictorsaenz.blogspot.com
No hay comentarios:
Publicar un comentario