BLOG DA BIBLIOTECA DO CEIP PORTO CABEIRO (REDONDELA, PONTEVEDRA)

BLOG DA BIBLIOTECA DO CEIP PORTO CABEIRO (REDONDELA, PONTEVEDRA)
SAÍNZA, A NOSA MASCOTA

jueves, 21 de marzo de 2013

DÍA DA POESÍA 2.013

O 21 de marzo conmemórase o Día da Poesía e no colexio celebrámolo dun xeito especial.
     
 
      Primeiro fixemos na Biblioteca unha selección de títulos adaptada a todas as idades do noso alumnado. Logo da súa lectura, cada neno/a de Primaria escolleu un poema en galego e copiouno nunha ficha cuxo modelo foi confeccionado polo Equipo da Biblioteca.
      

A ficha, coa poesía escrita no interior, enrolouse a modo de "papiro" e atouse cunha cinta de cores.
 
 
Co mesmo cada neno/a agasallou a un compañeiro/a da súa clase.
 
  
     En Infantil, cada clase, elixiu un poema  e recitoullo ás outras aulas, nun intercambio moi “poético”.


 


No hay comentarios: