A aula de 1º de Primaria levou adiante o Proxecto multidisciplinar “Un sorriso saudable: O noso álbum de saúde buco dental" , traballo sobre a dentición e a súa hixiene.
En grupos, os alumnos/as acadaron información que plasmaron en textos copiados de libros ou ben fichas confeccionadas pola mestra en relación coas distintas materias. Todo elo se recolleu nun Álbum.
Como parte do proceso de busca de información a través de libros, vídeos, internet e maquetas, localizaron pequenas pezas de teatro, adiviñas, cancións e contos relacionados cos dentes, recompilados na Escolma: “Teatriño, Adiviñas, Contos e Cancións para ter uns dentes sans e máis molóns", transcritas e ilustradas polos nenos/as.
As conclusións do Proxecto leváronnos a descubrir a importancia da hixiene para a prevención das enfermidades bucodentais confeccionando un Ficheiro de trece fichas que indica as pautas a seguir para acadar unha boca san, con debuxos e fotos dos propios nenos/as ensinando os pasos dun correcto cepillado, titulado “Os nenos de primeiro invítanvos a ler estes conselliños para sorrir ben".
Para reforzar o aprendido sobre os cómics confeccionaron un na clase titulado “Dente lediño: ataque pegañento" no que se refire a historieta dunha moa atacada por unha carie e salvada polo cepillo e a pasta. En Plástica fixeron Bonecos dentistas con material de refugallo.
Todo o material concentrouse nun carriño ao que chamaron “Carriño do sorriso saudable” que, durante o mes de abril, permanece exposto na nosa Biblioteca, como un acto máis para celebrar o Mes do Libro.
--------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------
--------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------
Como parte do proceso de busca de información a través de libros, vídeos, internet e maquetas, localizaron pequenas pezas de teatro, adiviñas, cancións e contos relacionados cos dentes, recompilados na Escolma: “Teatriño, Adiviñas, Contos e Cancións para ter uns dentes sans e máis molóns", transcritas e ilustradas polos nenos/as.
As conclusións do Proxecto leváronnos a descubrir a importancia da hixiene para a prevención das enfermidades bucodentais confeccionando un Ficheiro de trece fichas que indica as pautas a seguir para acadar unha boca san, con debuxos e fotos dos propios nenos/as ensinando os pasos dun correcto cepillado, titulado “Os nenos de primeiro invítanvos a ler estes conselliños para sorrir ben".
--------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------
--------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------
Pola súa parte a clase de 4º de Primaria, que xa escollera o "almorzo saudable" como tema para contribuír na elaboración do Cómic colectivo sobre a Saúde, confeccionou un Mural sobre o Aparato dixestivo a partir dos traballos escritos, realizados polo alumnado, sobre os seus órganos e as funcións desenvolvidas por cada un; a pirámide alimentaria e a necesidade dunha alimentación equilibrada; consellos saudables a ter en conta como mastigar ben os alimentos… Dito Mural foi colocado nun corredor, transitado por todo o alumnado do Centro, para ser de público coñecemento.
No hay comentarios:
Publicar un comentario