Os alumnos e alumnas de 4 e 5 anos e os alumnos e alumnas de 2º de E.P., ao longo deste curso, iniciáronse na técnica de stop motion para a realización dunha curta. Debido a situación do COVID-19 non puidemos rematala pero deunos tempo a desfrutar moitísimo con ela. Durante o tempo que duraron as clases traballaron moito na realización do audiovisual, aínda que non puidemos compartir a curta rematada coa comunidade educativa. Aquí podedes ver un making off co traballo feito ata o momemto do confinamento.
BLOG DA BIBLIOTECA DO CEIP PORTO CABEIRO (REDONDELA, PONTEVEDRA)
SAÍNZA, A NOSA MASCOTA
Mostrando entradas con la etiqueta ALFIN. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta ALFIN. Mostrar todas las entradas
viernes, 10 de julio de 2020
viernes, 15 de mayo de 2020
COÑECENDO AOS SÚPER HEROES
Na clase de 5º de educación Infantil, este curso desenvolveron un proxecto sobre os súper héroes. Realizaron moitísimas actividades. Deixámosvos unha mostra dalgunhas delas.
Todo comezou coa chegada dun vídeo de Superman que se reprducíu de forma misteriosa na pantalla dixital. Superman díxolles que estivera polo noso cole e que se lle olvidara algunas cousas tanto del como de otros amigos superheroes. Pedíalle aos nenos e nenas que lle axudaran a buscalas! Xuntos cos nenos e nenas de 5 anos puxéronse mans á obra.
A partir de ahí crearon na súa aula o rincón dos súperheroes
Realizaron moitísimas manualidades
Disfrazáronse mentras desfrutaban coñencendo cada vez más sobre os seus súper héroes favoritos
Recolleron o que ían aprendendo nun caderno de investigación.
Ademais adentráronse no mundo dos cómics a través da lectura de "Súper Pataca".
miércoles, 13 de mayo de 2020
6º EDUCACIÓN INFANTIL
Os nenos e nenas de 6º de educación infantil fixeron motísimas actividades relacionadas co cine.
- Realizaron
un caderno de investigación sobre a película escollida para o entroido: “Toy
Story”. Ademais realizaron diversas actividades plásticas para achegarse ao
coñecemento deste filme.
- Crearon un abecedario de cine. Con cada unha das letras
buscaron palabras relacionadas co cine para completar as distintas páxinas.
- Ambientaron a aula creando un camerino. Primeiro
investigaron que era iso e que se facía nese lugar e a partir de ahí coñeceron
algunhas das profesións relacionadas co cine.
- Realizaron traballos en familia relacionados co cine e
que logo levaron á aula. Unha vez alí explicaban aos demais compañeiros que era
o que traían, para que servía…
- Realizaron un caderno de investigación sobre a historia do cine.
- Realizaron un traumatropo.
O LABORATORIO DO DOUTOR NEFARIO
O alumnado de 4º EP desenvolveu ao longo deste curso un proxecto científico. Todo comezou coa escolla da súa película para o Entroido "Gru: mi villano favorito" e coa personaxe do doutor Nefario. Ademáis, co paso da maleta científica, posta en marcha pola biblioteca,pola súa aula picoulles a curiosidade. Aquí tedes unha pequena mostra de todos os experimentos que realizaron.
martes, 12 de mayo de 2020
ALFIN
Os nenos e nenas de 5º e 6º de educación infantil estiveron investigando a Charles Chaplin. Viron vídeos de información sobre él, viron fragmentos de curtas, leron libros da biblioteca, probaron a camiñar coma él, troxeron información da casa, realizaron manualidades... Cando remataron a investigación comezaron un traballo que tiña como fin recoller a información aprenddida. Unha vez feito, os nenos e nenas de 6º de educación infantil ían ir ás aulas de Educación Primaria a contar o que aprenderán. Finalmente, so puidemos ensaiar porque non nos deu tempo a visitar aos compañeiros máis maiores. Deixámosvos a parte do traballo que sí nos deu tempo a realizar.
ALFIN
Este curso, no noso cole, estivemos traballando o cine. Fixemos moitísimas actividades relacionadas con él, como manualidades, creación de historias, inicio da gravación de curtas, fichas técnicas... Para facer todo isto, tivemos que investigar, buscar información e sintentizala. Unha vez que a tiñamos traballada a plasmamos en diferentes murais. Esta foi unha maneira de comunicar a información que tiñamos para que todos os compañeiros do centro puideran seguir aprendendo e empregar o noso traballo como un recurso máis nas súas propias investigacións.
Os tres grandes muráis resultantes deste traballo son os seguintes:
Mural sobre a historia do cine realizado polo alumnado de 3º e 4º de Educación Primaria.
Mural sobre os tipos de cine realizado polo alumnado de 5º e 6º de Educación Primaria.
Mural sobre as profesións do cine realizado polo alumnado de 6º de Educación Primaria.
CORREDOR DA FAMA
Logo de investigar sobre o paseo da fama, decidimos crear o noso. Para facelo, convertemos todos os corredores do cole en "corredores da fama". Todos os nenos e nenas do cole quedaron representados nestas fermosas estrelas como os grandes artistas que son!
lunes, 27 de abril de 2020
HOXE RECOMENDAMOS....
Hoxe é luns polo que recomendamos os profes. Nestes momentos de virus recomendamos un dos libros de consulta que máis triunfan na nosa biblioteca. "El libro de las bacterias" da editorial DK. Aportanos moitísima información tanto de virus como de distintos microorganismos. Pode resultar moi interesante tanto para nenos e nenas como para adultos.
miércoles, 18 de marzo de 2020
DÍA INTERNAIONAL DA MULLER
O 8 de marzo celebramos o día
internacional da muller tendo en conta o lema "Son da xeración igualdade:
polos dereitos das mulleres" proposto pola ONU. Tendo en conta este lema e
o proxecto deste curso decidimos facer visibles a todas as mulleres
"invisibles" do mundo do cine, achegando ao alumnado a unha igualdade
real tan necesaria na nosa sociedade. Dende a biblioteca propuxemos unha
reflexión sobre a figura da muller en postos directivos na industria do cine
así como en postos como a realización, cámara, son... e reflexionamos tamén
sobre a diferenza entre actores e actrices ao chegar a certa idade.
Para facer visibles a todas estas mulleres, escollemos algunhas
representantes que colgamos na entrada do cole nun mural chamado "Mulleres
de cine". A continuación contactamos con algunhas delas a través de redes
sociais e xa recibimos resposta! En canto poidamos vos deixaremos aquí as
novidades.
Ademais, puxemos en marcha a maleta de igualdade con materiais relacionados con este tema adaptados a todo o alumnado do centro. Inicia o seu camino en 6º de Educación Primaria e o rematará en 4º de Educación Infantil.
Por último, realizamos unha sesión de contacontos en educación infantil a cargo de dúas voluntarias da biblioteca, Alba e Uxía. Contaron "Las princesas también se tiran pedos".
VISITA IAGO NOVOA E MIGUEL BORINES
Hai uns días tivemos a gran sorte de
que nos visitaron dous actores da nosa contorna Iago Novoa e Miguel Borines.
Iago Novoa, é un actor novel que se esta iniciando no mundo da interpretación.
Participou en obras musicais coma “La Bella y la Bestia”, curtametraxes e
longametraxes coma “Rancor” onde coincidou con Miguel Borines. Deunos moita
información sobre a súa traxectoria e de como realizar o seu traballo. No caso
de Miguel Borines (Tanxarina títeres) que xa conta cunha longa traxectoria no
medio audiovisual, nos falou da súa participación en Serramoura ou platos
combinados da TVG e en diferentes curtametraxes e longametraxes coma "Los
lunes al sol". Deunos moita información de como se organiza un set de rodaxe,
da grande importancia de todos os que participan nunha película tales como os resposables
de maquillaxe, perruquería, vestiario… Tamén nos falou do xeito de realizar
efectos especiais, o que nos resultou moi sorprendente. Ao rematar contestaron
a todas as preguntas e curiosidades que tiñan os nenos e nenas.
Moitas grazas por vir a visitarnos, podedes voltar cando queirades!
martes, 17 de marzo de 2020
UN ENTROIDO DE CINE
Este curso
tivemos un entroido de cine!
Nos días previos
á celebración, cada aula fixo unha investigación sobre a película escollida
para o disfrace do entroido. Para realizar esta investigación partimos dunha
plantilla proporcionada polo equipo de biblioteca e tanto de materiais que
tiñamos na biblioteca central como de internet. Unha vez rematadas as
plantillas, Comezamos a grabar uns vídeos empregando o Chroma expoñendo a información que
obtivemos despois da nosa investigación. Debido ao COVID-19 non puidemos rematar de grabar os vídeos, pero vos deixamos o resultado das plantillas de infantil e algunhas das de primaria cubertas.
Para o
propio día cada aula representou algo da película escollida tendo en conta o
vestiario, a música e a trama de cada unha delas.
Ademais, dende a Biblioteca propuxemos un Obradoiro de caretas durante toda a semana nos tempos de recreo.
ESTRELAS DE CINE
Ao inicio deste curso, dende o equipo de Biblioteca, pegamos unhas estrelas na porta da biblioteca. A idea era que o alumnado escribise frases míticas de películas de cine en cada unha delas. Custou un pouco arrancar ao principio, pero unha vez que avanzaban na investigación nas aulas, o muro das estrelas foise enchendo. Deixámosvos o resultado.
jueves, 5 de marzo de 2020
DÍA DA PAZ
Este curso, para conmemorar un día tan sinalado como é o Día da Paz, empregamos o cine.
Para comezar a celebración, 6 nenos e nenas de 4º de Educación Primaria en representación de todos os seus compañeiros, nos presentaron o resultado dunha investigación levada a cabo sobre por que se celebra o día da Paz o 30 de xaneiro.
A continuación, todo o alumnado do centro cantou unha canción onde se citaban moitas das frases máis relevantes do cine infantil e que estaban relacionadas con este día. Ao rematar vimos fragmentos de distintas curtas relacionadas coa Paz e a non violencia.
Nos días previos, o alumnado realizou un debuxo onde representaron o que significaba "PAZ" para cada un deles. Con todos estes debuxos realizamos o "Muro da Paz".
Para comezar a celebración, 6 nenos e nenas de 4º de Educación Primaria en representación de todos os seus compañeiros, nos presentaron o resultado dunha investigación levada a cabo sobre por que se celebra o día da Paz o 30 de xaneiro.
A continuación, todo o alumnado do centro cantou unha canción onde se citaban moitas das frases máis relevantes do cine infantil e que estaban relacionadas con este día. Ao rematar vimos fragmentos de distintas curtas relacionadas coa Paz e a non violencia.
Ademais....
O alumnado de 5º de Educación Infantil realizaou un mural de Superheroes pola Paz, relacionándoo coa seu proxecto anual de superheroes no cine. O día da celebración vestíronse de superheroes e superheroinas de Paz.
O alumnado de 6º de Educación Infantil realizou un vídeo presentando os seus debuxos empregando o Chroma.
Tamén fixemos unha selección de lecturas na biblioteca.
lunes, 3 de febrero de 2020
VISITA DE IVÁN REBOREDA
Na biblioteca do C.E.I.P. Plurilingüe de Porto-Cabeiro tivemos a gran honra de recibir a Iván Reboreda. El chega dende Londres onde traballa traducindo a varios idiomas as películas e series que vemos nas nosas salas de cine. Contounos que decidíu estudar traducción mirando os debuxos en galego na TVG cando era pequeno e que con traballo, estudo e dedicación conseguíu traballar no que lle gustaba. Contounos tamén que traballa nunha empresa que traduce películas a todos os idimas do mundo. Quedamos moi impresionados cando nos dixo que traducíu ao español películas como Frozen, Harry Potter ou Jurassic Park. Ademais, falóunos de cómo fan para traducir os textos para os actores e actrices de doblaxe e da adaptación dos mesmos para persoas con dificultades visuais e auditivas. O alumnado tomou apuntes durante a charla e realizou unha entrevista ao rematar. Foi unha visita moi interesante. Moitas grazas Iván por compartir o teu tempo con nós.
SAÍDA AO CINE
Tendo en conta o proxecto deste curso, para despedir o ano... todo o alumnado do centro foi ao cine a mirar unha película. Foi unha experiencia inolvidable!
miércoles, 18 de diciembre de 2019
SEMANA DA DIVERSIDADE FUNCIONAL
O 3 de decembro celébrase o Día da Diversidade Funcional. No C.E.I.P. Porto-Cabeiro realizamos distintas actividades adicadas a esta data tan sinalada ao longo da semana. Para comezar, participamos na campaña "baixo o mesmo paraugas" que naceu en A Coruña e que simboliza que todos collemos debaixo do mesmo paraugas, sen diferenzas. Aquí tedes unha mostra do resultado
Fixemos unha selección de lecturas e tivemos unha sesión de contacontos, Alba e Uxía léronnos "Wonder" a todos os cursos do centro. Ademais, vimos curtas relacionadas con esta temática.
jueves, 5 de diciembre de 2019
DÍA CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO
Para conmemorar este día, dende a Biblioteca Escolar propuxemos o visionado de distintos fraagmentos de películas que todos os nenos e nenas coñecían pero que nunca se pararan a analizar. Neses fragmentos aparecen prinesas obligadas a contraer matrimonio, princesas ás que se lles aconsella non falar para non aburrir aos homes, princesas que non fan máis que limpar… O vídeo proxectado foi o seguinte:
A continuación, cada unha das aulas recolleu as súas conclusións sobre o que acababan de ver. Este foi o resultado:
OLIMPIADAS CULTURAIS
En novembro tivemos o primeiro reto das "Olimpiadas culturais". Neste caso, o reto consistía en rescatar os carnés da biblioteca que quedaran atrapados baixo chave. Para poder abrir a pechadura, necesitábamos unha clave e para obtela tivemos que descifrar as pistas que había na biblioteca. Para poder resolvelas todas empregamos os libros e o mural da CDU. O máis difícil era que tiñamos un tempo limitado. Que nervios!!! pero que ben o pasamos.
NOVEMBRO: MES DA CIENCIA EN GALEGO
En novembro celebramos o mes da ciencia en galego. Dende a Biblioteca Escolar puxemos en marcha a maleta científica que comeza por 6º de Educación Primaria e visitará todas as aulas do centro.
Fixemos un mural onde se recollen inventos que foron imaxinados para unha película de cine e que hoxe en día son realidade. Por exemplo: os coches autónomos, as impresoras 3D ou as gafas interactivas.
Fixemos un mural onde se recollen inventos que foron imaxinados para unha película de cine e que hoxe en día son realidade. Por exemplo: os coches autónomos, as impresoras 3D ou as gafas interactivas.
Tamén recibimos a visita do mago Paco coa actividade "Matemaxia" organizada polo Concello de Redondela. Con esta actividade o alumnado fíxose consciente de que certas cousas que parecen maxia non o son, xa que en realidade, e cuestión de ciencia.
CELEBRAMOS O MAGOSTO
Este ano celebramos un magosto de cine!
Comemos castañas e choripáns, cantamos unha canción e ao rematar xogamos a distintos xogos relacionados co cine. Pasámolo xenial!
Comemos castañas e choripáns, cantamos unha canción e ao rematar xogamos a distintos xogos relacionados co cine. Pasámolo xenial!
Suscribirse a:
Entradas (Atom)


















