BLOG DA BIBLIOTECA DO CEIP PORTO CABEIRO (REDONDELA, PONTEVEDRA)

BLOG DA BIBLIOTECA DO CEIP PORTO CABEIRO (REDONDELA, PONTEVEDRA)
SAÍNZA, A NOSA MASCOTA
Mostrando entradas con la etiqueta O ESPAZO. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta O ESPAZO. Mostrar todas las entradas

sábado, 27 de mayo de 2017

VIAXE INTERPLANETARIA


 A Biblioteca, coa colaboración do profesorado e alumnado, confeccionou as imaxes e o texto deste Kamishibai que pretende ser un relato informativo para amosar o máis importante do aprendido sobre o Espazo.
   Empregáronse distintos recursos informativos: libros, atlas e revistas dispoñibles na Biblioteca, enlaces de Internet… Leva por título “Viaxe Interplanetaria” e o elemento de enlace é a mascota Saínza que, na súa nave espacial, viaxa polos planetas do Sistema Solar, polas estrelas e pola Lúa.
 Unha vez impreso, no seu formato final en A-3, preparamos a súa presentación e representación diante de todo alumnado, en diversos pases que realizamos na Biblioteca, acompañando con música xaponesa e con ambientación do Espazo.
Na súa posta en escena colaborou alumnado de todas as aulas e voluntarios/as da Biblioteca que recibiron ao rematar a representación o aplauso dos restantes compañeiros/as do colexio.
Podedes ler o texto do KAMISHIBAI e mirar as súas imaxes na Páxina do ESPAZO

jueves, 20 de abril de 2017

XOGO "DESCUBRINDO O UNIVERSO"

         
        Seguindo coas celebracións do MES DO LIBRO realizamos a Presentación do xogo "Descubrindo o Universo", elaborado polas clases de 5º e 6º de Primaria seguindo co labor de investigación arredor do Espazo, o noso Proxecto Anual.
O alumnado tiña o reto de redactar preguntas que fosen contestadas con conceptos relacionados co Espazo, cada un dos cales tiña que empezar ou conter unha letra do abecedario galego. As preguntas escribíronse nunhas tarxetiñas, especialmente deseñadas para o xogo, ao igual que un pequeno taboleiro co rosco das letras do abecedario galego acompañado da imaxe da nosa mascota.
  O xogo foi presentado a 3º de Primaria polo curso de e cada alumno/a leu en alto a pregunta inventada, podendo ser contestada por quen a soubese.
6º de Primaria presentoullo e practicou o xogo con 4º.
Tanto como felicitaron os seus compañeiros polo xogo inventado, quedando o mesmo na Biblioteca para xogar con el cando máis apeteza!!!

martes, 18 de abril de 2017

CHARLA: "EXPLORACIÓN ESPACIAL"


 O enxeñeiro en Telecomunicacións Gabriel González, da Universidade de Vigo, acudiu, convidado pola Biblioteca, a impartir varias charlas, adaptadas á distinta idade do alumnado de Educación Infantil e de Primaria.
 Acompañou as súas explicacións cunha Presentación dixital e con vídeos que fixeron moi amenas e accesibles as informacións aportadas sobre a investigación espacial: foguetes, robots… e outras curiosidades do Espazo e dos planetas do Sistema Solar, como as distancias entre os mesmos, o xeito de aterrar as naves espaciais neles, como salvar a forza da gravidade…
 Logo de mirar un vídeo de debuxos animados cuxa protagonista era a sonda Rosetta, agasallounos cunha maqueta da mesma en papel que fotocopiamos para repartir entre o alumnado para a súa montaxe.
 Así podemos ver a maqueta reconstruída por Laura, de 5º de Primaria. Montádea a vosa.

sábado, 8 de abril de 2017

O ESPAZO, FONTE DE INSPIRACIÓN



 “O Espazo, fonte de inspiración” é o título da Exposición montada no recibidor. Cada curso de Primaria reproduciu, con distintas técnicas plásticas, o cadro dun pintor/a galego/a cuxa temática abordaba algún aspecto relacionado co ESPAZO.
Así, 3º e 6º, pintaron "As fases da Lúa" de Largo Torres e "Mar picado e a Lúa" de Luís Seoane.

  4º de Primaria, "Tres soles" tamén de Luís Seoane.
 1º de Primaria, "Viaxeiros do Éter II" de Maruja Mallo.
 5º de Primaria, "Cantando á Lúa" de Lodeiro.
 2º de Primaria, "A Lúa" de Menchu Lamas.
 Antes da Exposición o alumnado  investigou e buscou información dos artistas galegos elixidos.

lunes, 3 de abril de 2017

TENDAL POÉTICO 2.017



A celebración polo Día da Poesía incluíu a confección dun “Tendal poético”, situado no recibidor do colexio, para expoñer:
 As poesías
 Os acrósticos e
 Os haikus


 Creados, polas aulas de Primaria, sobre o Espazo e dedicados á Lúa, ás estrelas, ao Sol, aos planetas do Sistema Solar
VÉN GOZAR DA SÚA LECTURA

domingo, 12 de marzo de 2017

DÍA DA MULLER 2.017

O mércores 8 de marzo celebramos o Día da Muller Traballadora no noso colexio. Neste día, proxectamos no recibidor, no momento da entrada e ao longo da mañá, unha Presentación Dixital feita entre as aulas baixo o título “Investigadoras do Universo”, recollendo mulleres destacadas no estudo e na exploración do Espazo: 
Carolina  HerschelAntonia  Ferrín , Marie  CurieSonia  Fernández
Begoña  Vila  e  Valentina Tereshkova.

lunes, 27 de febrero de 2017

CABALGATA ESPACIAL... ESPECIAL

Celebramos o Entroido 2.017 no colexio e os disfraces, como non,  facían alusión ao Proxecto da Biblioteca. Unha cabalgata espacial percorreu o colexio facendo as delicias da Comunidade Educativa.
         En Infantil houbo astronautas, galácticos e foguetes:
   En de Primaria, Estrelas e Lúas
Marcianos, en 
Astrónomos/as, en  3º
 Super Fantásticos  do Espazo, en 
Tamén nos visitou o  Sistema Solar de 
 e A  Vía Láctea, de 

viernes, 24 de febrero de 2017

PREMIOS EXPOSICIÓN RECICLAXE

Os Equipos de Biblioteca e Normalización Lingüística reuníronse para elixir os traballos premiados da Exposición de reciclaxe, que como lembraredes levaba por título EXPOSICIÓN ESPACIAL ESPECIAL
 Entre os premiados hai figuras variadas: Sistemas Solares, un foguete, a Estación Espacial Galega, extraterrestres, un móbil co Sol e a Lúa  e un vehículo lunar.
 Os alumnos/as premiados: Ana, Lara e Matías de 3 anos; Iker de 4 anos; Martiño e Yanira de 5 anos; Guillermo de 1º; Thais de 4º; Martina, de 5º; e, Noa, de 6º.
FELICIDADES AOS GAÑADORES E TAMÉN A TODOS OS PARTICIPANTES.
GRAZAS!!!

jueves, 23 de febrero de 2017

DÍA DE ROSALÍA: 24 DE FEBREIRO 2017



            Un ano máis achégase o Día de Rosalía e, na semana do 20 ao 23, dende a nosa Biblioteca, organizamos actividades para homenaxear á gran poetisa galega:
- Audicións musicais  dos seus poemas.
 -  Exposición de libros de Rosalía e de traballos de elaboración propia sobre a vida e obra da autora.
    - Coñecemos estrofas de Cantares Gallegos relacionadas co tema do Espazo e confeccionamos coas mesmas Marcapáxinas, decorados con cadros de distintos artistas que pintaron elementos tamén relacionados con este tema.
- Alumnos/as de 4º, 5º e 6º de Primaria gravaron ditas estrofas, sendo emitidas nesta mesma semana en Radio Redondela, colaborando deste xeito cunha proposta do Equipo de Normalización Lingüística do Concello de Redondela.
CANDO A LÚA APARECE
I  O  SOL NOS MARES SE ESCONDE,
TODO É SILENCIO NOS CAMPOS,
TODO NA RIBEIRA DORME.

QUEDAN AS VEIGAS SIN XENTE,
SIN OVELLIÑAS OS MONTES,
AS FONTES SIN ROSAS VIVAS,
OS ÁRBORES SIN CANTORES.

¡QUE TRISTE! ¡QUE HORA TAN TRISTE
AQUELA EN QUE O SOL SE ESCONDE,
EN QUE AS ESTRELIÑAS PÁLIDAS
TIMIDAMENTE RELOSEN!


“CANTARES GALLEGOS”   -  ROSALÍA
TARSILA DE AMARAL