BLOG DA BIBLIOTECA DO CEIP PORTO CABEIRO (REDONDELA, PONTEVEDRA)

BLOG DA BIBLIOTECA DO CEIP PORTO CABEIRO (REDONDELA, PONTEVEDRA)
SAÍNZA, A NOSA MASCOTA
Mostrando entradas con la etiqueta DÍA DE ROSALÍA : 24 DE FEBREIRO. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta DÍA DE ROSALÍA : 24 DE FEBREIRO. Mostrar todas las entradas

miércoles, 28 de febrero de 2018

24 DE FEBREIRO 2.018: DÍA DE ROSALÍA

Como cada 24 de febreiro celebramos o Día de Rosalía, a nosa poetisa máis universal.
Empezamos coa organización dunha Exposición con materiais de elaboración propia, recompilados ao longo destes últimos anos, e cunha selección da súa obra, adaptada ao noso alumnado. Non podían faltar músicas cos seus poemas.
A partir da proposta "Abride a fiestra a Rosalía" da Asociación de Escritores en Lingua Galega, seleccionamos algunhas das súas estrofas e poesías  que demos a coñecer ás aulas e que colocamos nas fiestras e portas de cristal do noso Centro para ser lidas e recitadas por toda a Comunidade Educativa.
Na porta de Infantil
Nas fiestras de Primaria
Nas porta de Primaria
Na porta do profesorado
A GOZAR DAS LECTURAS DA NOSA ROSALÍA

jueves, 23 de febrero de 2017

DÍA DE ROSALÍA: 24 DE FEBREIRO 2017



            Un ano máis achégase o Día de Rosalía e, na semana do 20 ao 23, dende a nosa Biblioteca, organizamos actividades para homenaxear á gran poetisa galega:
- Audicións musicais  dos seus poemas.
 -  Exposición de libros de Rosalía e de traballos de elaboración propia sobre a vida e obra da autora.
    - Coñecemos estrofas de Cantares Gallegos relacionadas co tema do Espazo e confeccionamos coas mesmas Marcapáxinas, decorados con cadros de distintos artistas que pintaron elementos tamén relacionados con este tema.
- Alumnos/as de 4º, 5º e 6º de Primaria gravaron ditas estrofas, sendo emitidas nesta mesma semana en Radio Redondela, colaborando deste xeito cunha proposta do Equipo de Normalización Lingüística do Concello de Redondela.
CANDO A LÚA APARECE
I  O  SOL NOS MARES SE ESCONDE,
TODO É SILENCIO NOS CAMPOS,
TODO NA RIBEIRA DORME.

QUEDAN AS VEIGAS SIN XENTE,
SIN OVELLIÑAS OS MONTES,
AS FONTES SIN ROSAS VIVAS,
OS ÁRBORES SIN CANTORES.

¡QUE TRISTE! ¡QUE HORA TAN TRISTE
AQUELA EN QUE O SOL SE ESCONDE,
EN QUE AS ESTRELIÑAS PÁLIDAS
TIMIDAMENTE RELOSEN!


“CANTARES GALLEGOS”   -  ROSALÍA
TARSILA DE AMARAL

domingo, 28 de febrero de 2016

DÍA DE ROSALÍA 2.016

Variadas foron as actividades coas que conmemoramos  o 24 de febreiro, Día de Rosalía. Houbo:
- Audicións musicais na Biblioteca dos seus poemas.
- Exposición, na Biblioteca, dos seus libros e de traballos de elaboración propia sobre a súa vida e obra.

- Tendal poético para dar a coñecer “Adeus ríos, adeus fontes”   en  distintas linguas do mundo, tendo en conta o Proxecto.




- Difusión de estrofas e poesías para traballalas a nivel de aula e confeccionar con elas Marcapáxinas.



- Intercambios entre aulas para recitar poesías de Rosalía. Así o alumnado de cantou e escenificou diante de Infantil “EU VEN VIN ESTAR O MOUCHO ENRIBA DAQUEL PENEDO….”

sábado, 7 de marzo de 2015

CARICATURA DE ROSALÍA MÁIS VOTADA

Logo das votacións realizadas entre alumnado e profesorado do colexio queremos informarvos que as caricaturas de Rosalía que gustaron  máis foron estas dúas:

 En 6º de Primaria, logo de achegarse á figura de Rosalía de Castro, confeccionaron un Mural cos traballos escritos dos alumn@s reproducindo os seus textos poéticos, incluso en forma de caligramas.
O alumnado da aula de 5º realizou tamén un Mural cos seus traballos escritos e gravou en vídeo o recital organizado dos poemas “Adios ríos, adios fontes” e "Máis ve que o meu corazón", que logo subiron a youtube:

lunes, 23 de febrero de 2015

CONMEMORANDO O DÍA DE ROSALIA


Na semana do 23 ao 27  de febreiro conmemoramos o Día de Rosalía de Castro” , xa que un 24 de febreiro de 1.837 naceu en Santiago de Compostela.
<iframe width="560" height="315" src="https://www.youtube.com/embed/_fmhkOXx66w" frameborder="0" allowfullscreen></iframe>
Para celebralo organizamos  varias actividades:
- Exposición sobre Rosalía, na Biblioteca, cunha selección das súas obras e con carteis, en formato A3, que reproducían as  súas caricaturas.
- Elaboración pola Biblioteca, en colaboración co Equipo de Dinamización da Lingua Galega, do traballo: “Rosalía en números e imaxes” para relacionalo co lema Biblioteca Escolar… Matemático e coas Artes, tema do noso Proxecto: os números na vida e na obra de Rosalía, dando a coñecer os poemas “Mais  ve que o meu corazón”, en galego, e o principio de “Negra sombra”, en inglés, acompañando con fotografías, retratos e caricatutas da poetisa. Dito traballo, que inclúe un Xogo de Preguntas dirixido ás distintas idades do noso alumnado para practicar conceptos e nocións matemáticas,  está subido neste Blog na Páxina de Arte e se editou en papel.
 - Audicións musicais dos seus poemas nos recreos, na Biblioteca.
- Votación  para elixir a caricatura que máis gustou ao alumnado e ao profesorado (dunha recompilación de trinta). Nas aulas cada nen@ pode crear a súa propia caricatura de Rosalía.
Mirade esta marabillosa presentación titulada "As caras de Rosalía" realizada pola Biblioteca do CEIP Rosalía de Castro de Xinzo de Limia (Ourense) que conta coa música de Kadi Galician Bully, un mozo rapeiro de Monforte que lle canta á nosa poetisa máis universal.

jueves, 20 de febrero de 2014

CELEBRANDO O DÍA DE ROSALÍA

 

O 24 de febreiro é o “Día de Rosalía de Castro” e para conmemoralo organizamos, dos días 17 ao 24 deste mes, na Biblioteca, audicións de poemas musicados de Rosalía: nos recreos, nas “Horas de ler” ou nas sesións de Biblioteca de cada curso.
 
 
Previamente fixemos unha selección de lecturas, adaptadas  ás idades do noso alumnado, para que este poida ler e coñecer a súa obra.
 
A continuación alumn@s e mestr@s, escriben nunha ficha os seus versos preferidos de Rosalía para con todos compoñer un álbum.

lunes, 18 de febrero de 2013

DÍA DE ROSALÍA


Cada 24 de febreiro celébrase o  "DÍA DE ROSALÍA", nacida nun día como ese do ano 1.837.

 
Preme en    RECURSOS PARA TRABALLAR A EFEMÉRIDE DO "DÍA DE ROSALÍA" : Atoparás enlaces para saber máis, LIMS para aprender de forma amena, poemas de Rosalía musicados...

miércoles, 15 de febrero de 2012

24 de febreiro: DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO


O día 24 de febreiro está contemplado como data sinalada no "Calendario do libro e da lectura" como DÍA DE ROSALÍA. Este calendario foi aprobado no seo do Consello Asesor do Libro.

Efectivamente, Rosalía de Castro, a gran poetisa galega, naceu un 24 de febreiro do ano 1.837 en Santiago de Compostela, morrendo en Padrón un 15 de xullo de 1.885.
É unha das figuras emblemáticas do Rexurdimento galego: nun tempo no que o galego era unha lingua desprezada, Rosalía, rompeu a cantar en galego e devolveulle a esta lingua o seu merecido prestixio literario: foi cos seus "Cantares Gallegos".
Outras obras importantes súas son: "Follas Novas" e "En las orillas del Sar".


No colexio CEIP Alexandre Bóveda, de Redondela, a súa biblioteca elaborarou un LIM  titulado "Xogando con Rosalía", que vos convidamos a gozar.

Preme aquí para acceder a este enlace.