BLOG DA BIBLIOTECA DO CEIP PORTO CABEIRO (REDONDELA, PONTEVEDRA)

BLOG DA BIBLIOTECA DO CEIP PORTO CABEIRO (REDONDELA, PONTEVEDRA)
SAÍNZA, A NOSA MASCOTA
Mostrando entradas con la etiqueta DÍA DA PAZ. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta DÍA DA PAZ. Mostrar todas las entradas

sábado, 3 de febrero de 2018

CELEBRACION DO DÍA DA PAZ 2.018


 
Este arlequín, pintado por Pablo Picasso e dedicado ao seu fillo Paulo, foi o motivo escollido pola mestra de inglés para reproducir nas Seccións Bilingües de Plástica (5º e 6º de Primaria). A Biblioteca colaborou con esta actividade para así unir Paz e Circo, titulandoa
 “Co corazón dun pallaso".
O arlequín cubriuse coas siluetas das mans do alumnado nas que, en inglés, escribiron palabras de Paz, PEACE: boas intencións e desexos saídos  da bondade dun pallaso.

A sorpresa que nos deparou a celebración do Día da Paz este ano foi a visita de  "Sonrisas por Tiritas", organizada polo equipo de AAEE do colexio. Esta asociación fai un gran labor solidario no Hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo levando ledicia aos cativos enfermos alí ingresados.
Tres doutores tiritas, pallasos e contacontos, explicáronnos o seu labor cun vídeo, fixéronnos rir con pallasadas e cun conto, e ensináronnos a facer a pomba da paz con papel.
Ademais de coñecer o seu labor solidario pasámolo xenial con estes  pallasos tan xenerosos.

sábado, 4 de febrero de 2017

PAZ E COMPROMISO COA TERRA CON CHUS LAGO

Para rematar coas celebracións da Paz, a Biblioteca convidou á deportista Chus Lago a dar dúas charlas ao alumnado de Primaria, tendo en conta o seu labor de concienciación sobre os perigos que sofre o planeta, en concreto, o quentamento que afecta aos casquetes polares e que ela engloba no Proxecto “Compromiso coa Terra” e que a levou a percorrer os lagos de Laponia, o pasado ano, e a preparar unha expedición a Groenlandia,  o actual.
 A Biblioteca e o profesorado prepararon antes un Mural para dar a coñecer  a traxectoria desta deportista,  facendo  un achegamento a Groenlandia, a súa próxima aventura.
 Chus Lago empezou explicando a un público moi atento o importante que é ter un soño e de como conseguilo con traballo e esforzo. Esta mentalidade foi a que a impulsou a lograr coroar o Everest, sendo a primeira muller española en facelo, sen osíxeno, e a terceira do mundo.  
 Tamén lembrou a súa conquista de varios cinco mil metros e a súa travesía en solitario pola Antártida, un paraíso a conservar.
 Tamén comentamos a súa faceta como escritora, xa que na Biblioteca contamos co seu conto “Fata y Pengba en el Machapuchare”.
 Con ela estaba Verónica, que será unha das súas compañeiras na próxima expedición a Groenlandia.
Finalmente Chus Lago asinou no Libro de Honra da Biblioteca no que nos deixou unha agarimosa dedicatoria, asinou autógrafos ao alumnado fotografándose con el.

CHUS, GRAZAS POLA TÚA VISITA E O TEU ENTUSIASMO.

domingo, 29 de enero de 2017

RUMBO A UN ESPAZO DE PAZ - 2.017

O 30 de xaneiro celébrase o Día da Paz e este ano cúmprense 68 anos do asasiñato de Ghandi (30 de xaneiro).
A Biblioteca, para conmemorar a data, elaborou un Mural dando a coñecer o Movemento Pugwash de Científicos pola Paz e, para relacionalo co Espazo, construíu  a nave espacial “CIENCIA E PAZ”, pilotada por científicos que quixeron concienciarnos dos perigos das armas nucleares e do mal uso que se pode facer da ciencia e da tecnoloxía. Con Einstein, Russell, Rotbalt… puxemos “Rumbo a un Espazo de Paz” para, o redor do noso planeta Terra, colocar palabras positivas que simbolizan a Paz: Paz, amor, respecto, bondade, diálogo, xenerosidade, irmandade…, escollidas e traballadas nas clases,  rexeitando as súas antagónicas por negativas: Guerra, odio, maldade, exclusión, egoismo, violencia…
 O venres 27 o alumnado de todas as clases incorporou ao Mural as palabras para así telo rematado de cara ás celebracións do día 30.
EINSTEIN   E   RUSSELL PUBLICARON EN 1.955 UN  MANIFESTO, DEZ ANOS DESPOIS DAS BOMBAS ATÓMICAS BOTADAS SOBRE AS CIDADES DE HIROSHIMA E NAGASAKI, NO QUE PEDÍAN AOS CIENTÍFICOS QUE TOMARAN CONCIENCIA DOS PERIGOS DAS ARMAS ATÓMICAS.
EN 1.957 FUNDARON O  MOVEMENTO   PUGWASH   DE LOITA CONTRA O ARMAMENTO NUCLEAR  PRESIDIDO POLO CIENTÍFICO  JOSEPH ROTBALT  QUE PARTICIPOU NA CREACIÓN DAS PRIMEIRAS BOMBAS ATÓMICAS, ENTRE ELAS AS QUE SE BOTARON SOBRE  HIROSHIMA  E NAGASAKI. DÁNDOSE CONTA DO SEU PERIGO, DEIXOU DE PARTICIPAR NESTE PROXECTO E SE CONVERTEU NUN ACTIVISTA CONTRA AS ARMAS NUCLEARES.
ROTBALT PENSA QUE A GUERRA É EVITABLE E QUE A PAZ É POSIBLE”.  RECIBIU O  PREMIO  NOBEL  DA  PAZ.

domingo, 31 de enero de 2016

CARREIRA SOLIDARIA POLA PAZ - II

Logo das celebracións da PAZ do día 27, ao día seguinte, protagonizamos unha CARREIRA SOLIDARIA en favor de "SAVE THE CHILDREN".
 Como sabedes o noso Proxecto "Unha viaxe polo mundo" non so pretende coñecer a maior cantidade de datos posibles dos países que o compoñen senón, tamén a través desa información, chegar á comprensión e ao respecto mutuo. E non hai mellor forma de concienciarse que levando á realidade as ideas que pretendemos inculcar ao noso alumnado: as da tolerancia, respecto, xenerosidade e soliedariedade. Por iso, propuxemos a colaboración con esta ONG que está a desenvolver unha gran labor humanitaria en favor da infancia en distintas zonas necesitadas da Terra.
O alumnado, que contou con distintos patrocinadores (pais, avós..), e o profesorado participaron nesta carreira para recadar fondos que enviaremos a "SAVE THE CHILDREN". A carreira, que se desenvolveu no pavillón do colexio, puido ser presenciada polos patrocinadores dos cativos, esto é, as súas familias, que atenderon xenerosamente a nosa chamada de axuda.
Agora invitámosvos a ver un duro pero real vídeo clip titulado "Xa nada me asombra", en francés, "Plus rien ne m´etonne" do cantante Tiken Jah Fakoly, no que se denuncia o sufrimento de moitas persoas pola falta de PAZ nas súas vidas.

CONSTRUINDO A PAZ MUNDIAL 2.016 - I


Cada 30 de xaneiro celebramos no noso colexio o "DÍA DA PAZ" para lembrar que tal día, en 1.948, un gran loitador polo pacifismo morreu asasiñado: Gandhi. Para relacionar a conmemoración co noso Proxecto estivemos investigando como se escribía a palabra PAZ en diferentes linguas do mundo: castelán, francés, italiano, xaponés, danés, brasileiro, indio... Cada clase pintou varias destas palabras para confeccionar entre todos un Mural, onde aparecía composta a palabra PAZ.
Os alumnos/as de 2º, que estudan Xapón, investigaron o sucedido en dúas cidades do país, Hiroshima e Nagasaki, nas que na 2º Guerra Mundial explosionaron  sendas bombas atómicas. Leron un Manifesto para denunciar os horrores das guerras. A antorcha e a campá da Paz e Pancartas confeccionadas na clase de Valores reivindicaban:
 "COIDEMOS A ESPECIE HUMANA. TAMÉN ESTÁ EN PERIGO DE EXTINCIÓN".
A continuación, todos xuntos, para rematar a conmemoración cantamos e bailamos, no patio de columnas, a canción "Paralá", adaptada pola mestra de música, tendo en conta os países estudados polas clases dentro do Proxecto da Biblioteca.
 Días antes, dende a Biblioteca, fixeramos unha selección de lecturas para traballar esta temática con títulos adaptados as distintas idades do noso alumnado: Negros e brancos, A galiña dona Paz, Unha manchea de bicos... Biografías de loitadores pola paz: Gandhi, Mandela, Malala, Wangari... Desta última "Wangari y los árboles de la paz" de Jeanette Winter, ambientado no seu país, Kenya. Basándose nesta fermosa historia o CEIP Lamas de Abade, de Compostela, confeccionou un Kamishibai, que vos mostramos a continuación:

 Tamén seleccionamos dúas cancións que nos invitan a reflexionar sobre a PAZ:"Quérote máis" do Sonoro Maxín e  "Tu enemigo" de Pablo López e Juanes.

domingo, 25 de enero de 2015

ARTES POLA PAZ: PICASSO

O 30 de xaneiro celebramos o Día da Paz. 
Na Biblioteca fixemos antes unha selección de lecturas, por exemplo "Un cuadro de Picasso", que nos permitiu coñecer "O Guernica".
 A partir desta pintura desenvolvéronse actividades como a de practicar  medicións. Así, en Ximnasia, coa cinta métrica, reconstruíron no chan as súas medidas. Foi o punto de partida para contar cos pés a medida do cadro, para saltar á pata coxa de dentro para fóra do mesmo, para facer xogos dentro del…


As clases de 1º e 2º  prepararon  un puzlle a color do "Guernica", de 50 pezas, unha para cada nen@, que recompuxeron no Salón de actos o día da celebración da PAZ,explicándolle ao resto do colexio a simboloxía das figuras e a intención do artista de denunciar as desgracias das guerras. 
Neste mesmo acto festivo da PAZ contamos coa presenza do escritor teatral e actor Inacio Vilariño que desenvolveu o seu espectáculo teatral "Contos de burros", que narra contos de Rodari e doutros escritores, aproveitando para relatarnos historias sobre a PAZ,  acompañado da súa guitarra.
 Logo da pintura, teatro e literatura non podiamos esquecernos doutra das ARTES que estudamos co noso Proxecto, a música, e todos xunt@s cantamos cancións de PAZ. 
Durante a semana previa a celebración, pensando en relacionar PAZ e ARTE fixáramonos  en Pablo Picasso e nas súas creacións de pombas da Paz, que colocamos no Mural confeccionado no recibidor do colexio. Ditas pombas da Paz  podedes velas na presentación en Issuu subida á Páxina de Arte deste Blog.
Invitámosvos a coñecer un vídeo da obra de Picasso, explicada por Cantinflas, e outro en 3D sobre "O Guernica"