BLOG DA BIBLIOTECA DO CEIP PORTO CABEIRO (REDONDELA, PONTEVEDRA)

BLOG DA BIBLIOTECA DO CEIP PORTO CABEIRO (REDONDELA, PONTEVEDRA)
SAÍNZA, A NOSA MASCOTA
Mostrando entradas con la etiqueta DÍA DA DIVERSIDADE FUNCIONAL. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta DÍA DA DIVERSIDADE FUNCIONAL. Mostrar todas las entradas

viernes, 15 de diciembre de 2017

DÍA INTERNACIONAL DA DIVERSIDADE FUNCIONAL

O 3 de decembro conmemórase o Día da Diversidade Funcional. A celebración, no noso colexio, retrasouse por uns días por cuestións técnicas. Houbo que esperar ao venres 15, para asistir a un Encontro  con Chano Rodríguez, medallista paralímpico, que se levou a cabo na Biblioteca, e no que o deportista nos relatou a súa historia de superación persoal a través da natación.

 A actividade estivo organizada pola mestra de Educación Física que contactou co deportista para convidalo a visitar o noso colexio.
O alumnado puido ver vídeos que o propio Chano amosou e explicou, contestando a todas  as variadas preguntas que se lle fixeron, colmando así a curiosidade infantil.

Chano Rodríguez, dende a súa cadeira de rodas, demostrounos que cando un quere pode conseguir todo o que se propoña.
GRAZAS POR CONTAXIARNOS O TEU OPTIMISMO E ESPÍRITU DE SUPERACIÓN
 No seguinte vídeo podemos coñecer outra vertiente da súa traxectoria: