BLOG DA BIBLIOTECA DO CEIP PORTO CABEIRO (REDONDELA, PONTEVEDRA)

BLOG DA BIBLIOTECA DO CEIP PORTO CABEIRO (REDONDELA, PONTEVEDRA)
SAÍNZA, A NOSA MASCOTA
Mostrando entradas con la etiqueta TELLING STORIES. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta TELLING STORIES. Mostrar todas las entradas

lunes, 17 de octubre de 2022

THE WORST WITCH IN THE WORLD

 Benvidos e benvidas a un novo curso en Porto Cabeiro!!!

O vindeiro día 24 de outubro abrirá as súas portas para todo o alumnado e as familias que o desexen.

Pero hoxe, para ir abrindo boca celebramos un contacontos na nosa biblioteca titulado The worst witch in the world. Pasámolo bomba coas aventuras dunha estudante de bruxería á que se lle daba mellor facer pasteis que maxia e feitizos.






sábado, 12 de mayo de 2018

TELLING STORIES AT THE LIBRARY


Trimestralmente e ao longo deste curso fíxose a actividade "Telling stories at the library" na que as mestras contaron en inglés historias adaptadas á idade do alumnado.
 
 Así, demos a coñecer os fondos nesta lingua da Biblioteca, ao tempo que o alumnado a practicaba. Traballamos a comprensión dos textos e melloramos a competencia lingüística neste idioma. Tamén colaborou na actividade a auxiliar de conversa coa que contou o centro este curso.
 

sábado, 16 de abril de 2016

MES DO LIBRO: ENCONTRO CON MARCOS CALVEIRO




Para conmemorar a FESTA DO LIBRO, ao longo de abril, organizaremos distintas actividades:
1º: Exposición,  na entrada da Biblioteca, con:
- Diversas adaptacións do Quijote”.
-Libros de Marcos Calveiro, que visita á Biblioteca. 
-Materiais de Manuel María como“O bigote de Mimí”, “Os soños na gaiola”… Unidades didácticas, recompilacións poéticas e libros CD.

2º: Encontro co escritor Marcos Calveiro:
“Palabras de auga” foi un dos títulos escollidos para ler  en 5º e 6º. O seu autor visitounos na Biblioteca para falarnos desta obra e do seu proceso creativo. 
Explicounos que foi o que o levou a recrear a historia en África, que pretendía denunciar, como e en que se inspirou… Amosounos a terrible situación na que vive este continente, en especial, os máis cativos como, por exemplo, os nenos soldado. O alumnado fixo todo tipo de preguntas ao autor de libros tan premiados como “O pintor do sombreiro de malvas”, “O carteiro de Bagdad”, "O canto dos peixes", "Centauros do Norte"… 

 
Logo asinou o Libro de Honra da Biblioteca, os libros de lectura do alumnado e o Mural onde se incluían as valoracións do alumnado de sobre o libro.
3º: "TELLING STORIES AT THE LIBRARY": As mestras contarán na Biblioteca historias en inglés a todo o alumnado do centro. Empezaron con Infantil:

miércoles, 23 de diciembre de 2015

TELLING STORIES AT THE LIBRARY


Primaria participou nesta actividade na que as mestras contaron, usando a lingua inglesa, historias adaptadas á idade do alumnado. Deste xeito demos a coñecer os fondos en inglés da nosa Biblioteca ao tempo que animamos ao alumnado a practicar este idioma. Foi o punto de partida para traballar a comprensión dos textos e mellorar a competencia lingüística neste idioma estranxeiro.
Algúns dos títulos narrados foron: Monster in the box”, “Amelia wants a dog” …


 En Infantil tamén se desenvolveu esta actividade con historias adaptadas á idade do alumnado: “Where´s spot?” e “Spot´s walk in the woods”.
A experiencia levouse a cabo  na Biblioteca.

jueves, 30 de abril de 2015

TELLING STORIES AT THE LIBRARY

 Novamente os mestres Silvia e José Mª volveron repetir a experiencia dos dous trimestres anteriores. 
Na Biblioteca, contaron,  ao seu alumnado, interesantísimas historias en lingua inglesa, coa particularidade de que en Educación Infantil foron alumn@s de 6º de Primaria quenes fixeron de conta contos da historia Cat and Mouse 
"Eat good food"
En 3º e 4º "So Close" e en 5º e 6º "Manuela goes on holiday".
 A continuación das fotos podedes acceder a Guía na que se recollen todas as publicacións lidas durante todo o curso.

miércoles, 25 de marzo de 2015

SECOND TERM: TELLING STORIES AT THE LIBRARY

Neste segundo trimestre os mestres de inglés levaron a cabo de novo a actividade de ler na Biblioteca historias en inglés a todo o centro, cunha importante novidade: alumn@s de 5º de Primaria contáronlle estas historias aos seus compañeiros de Educación Infantil, resultando unha actividade moi gratificante. Aquí deixamos unha mostra destes nove momentos moi "ingleses".

jueves, 22 de enero de 2015

TELLING STORIES AT THE LIBRARY

 "TELLING STORIES AT THE LIBRARY"  é unha actividade que, por segundo curso consecutivo, realizan os mestres de Lingua Inglesa do noso colexio con todo o alumnado. Nesta ocasión os títulos que os mestres contaron foron: "My Nose" a 3 e 4 anos; "Little Croc" a 5 anos; "The three little pigs" a 1º e 2º de Primaria; "Zebra" a 3º e 4º; e, por último, "Lola´s dots" a 5º e 6º.



 Esta actividade quere dar a coñecer os fondos que en Inglés hai na nosa Biblioteca ao tempo que anima ao noso alumnado a practicar este idioma.

 The main aim is to discover the funds from our library in English while encouraging students to enjoy and practice this language.