BLOG DA BIBLIOTECA DO CEIP PORTO CABEIRO (REDONDELA, PONTEVEDRA)

BLOG DA BIBLIOTECA DO CEIP PORTO CABEIRO (REDONDELA, PONTEVEDRA)
SAÍNZA, A NOSA MASCOTA
Mostrando entradas con la etiqueta OUTRAS BIBLIOTECAS. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta OUTRAS BIBLIOTECAS. Mostrar todas las entradas

jueves, 24 de mayo de 2018

VISITA Á BIBLIOTECA DO IES PEDRO FLORIANI

 O alumnado de 6º de Primaria visitou o IES Pedro Floriani, centro onde cursará estudos da ESO. E claro está, na súa Biblioteca fixemos unha parada moi especial.

 A súa Responsable desenvolveu unha Sesión de Formación de Usuarios explicando o seu funcionamento, os servizos e as actividades desenvolvidas ao longo do curso entorno ao Proxecto Plambe.
 O próximo curso seguro que esta Biblioteca será un lugar moi visitado polo noso alumnado.

domingo, 16 de junio de 2013

AS NOSAS OBRAS NA BIBLIOTECA XOSÉ NEIRA VILAS

 
     Unha selección das obras do noso alumnado, que recrean pinturas de artistas plásticos galegos sobre a figura humana, e que estiveron expostas no recibidor do noso Colexio, traspasan as nosas fronteiras e pódense ver agora na Biblioteca  Pública Xosé Neira Vilas do Concello de Vigo (no Calvario, preto da Escola Oficial de Idiomas). Estamos moi content@s e orgullos@s de que os nosos traballos poidan ser vistos e valorados por outras moitas persoas.
 
Achegádevos a ver esta Exposición e tamén poderedes coñecer de cerca unha extraordinaria Biblioteca.
 
Pincha no enlace http://bpvigoneiravilas.blogspot.com.es