BLOG DA BIBLIOTECA DO CEIP PORTO CABEIRO (REDONDELA, PONTEVEDRA)

BLOG DA BIBLIOTECA DO CEIP PORTO CABEIRO (REDONDELA, PONTEVEDRA)
SAÍNZA, A NOSA MASCOTA
Mostrando entradas con la etiqueta DÍA INTERNACIONAL DA MULLER TRABALLADORA. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta DÍA INTERNACIONAL DA MULLER TRABALLADORA. Mostrar todas las entradas

domingo, 11 de marzo de 2018

8 DE MARZO 2.018: DÍA DA MULLER

A BIBLIOTECA quixo participar nas celebracións do DÍA DA MULLER que tiveron lugar no noso colexio. 
Fixemos, en primeiro lugar,  unha SELECCIÓN DE LECTURAS, adaptada as idades do noso alumnado para que dende as clases se puidese abordar esta celebración.
En segundo lugar, a BIBLIOTECA elaborou un Power Point  en coordinación cos Equipos TICS e ABALAR, recollendo a historia desta celebración e  reflictindo ademais a presenza das mulleres no circo, tema do noso Proxecto Anual. Empregamos imaxes das pinturas do colombiano Fernando Botero, que se deu a coñecer ao alumnado. 
Colaboraron coas súas voces as alumnas de 5º e 6º
A PRESENTACIÓN foi vista por todo o alumnado do centro o día 9 e cada clase recibiu de agasallo unha lámina cunha das pinturas de Botero.
MÁIS DIFÍCIL AÍNDA... MULLERES DO CIRCO

domingo, 12 de marzo de 2017

DÍA DA MULLER 2.017

O mércores 8 de marzo celebramos o Día da Muller Traballadora no noso colexio. Neste día, proxectamos no recibidor, no momento da entrada e ao longo da mañá, unha Presentación Dixital feita entre as aulas baixo o título “Investigadoras do Universo”, recollendo mulleres destacadas no estudo e na exploración do Espazo: 
Carolina  Herschel,  Antonia  Ferrín , Marie  Curie,  Sonia  Fernández, 
Begoña  Vila  e  Valentina Tereshkova.

domingo, 13 de marzo de 2016

DÍA DA MULLER TRABALLADORA 2.016

"MULLERES DO MUNDO: DISTINTA ORIXE, IGUAL RELEVANCIA"  é o título da Presentación elaborada conxuntamente polas mestras/es e alumnado do colexio para conmemorar este ano o Día da Muller Traballadora, baixo a coordinación da Biblioteca e do Equipo TICS.
A Presentación recolle mulleres dos distintos países que estudamos nas clases, para así relacionalas co Proxecto da Biblioteca, e que foron, son e seguirán sendo moi importantes en distintas facetas do saber humano.

O 8 de marzo dita Presentación acompañou á entrada do alumnado ao colexio. Posteriormente, cada clase puido vela ao longo da mañá. 
Na Páxina Unha Viaxe polo mundo podedes gozar da  Presentación.

lunes, 16 de marzo de 2015

MULLERES TRABALLADORAS... MULLERES ARTISTAS

   Para celebrar o Día da Muller Traballadora deste 2.015 decidimos escoller, entre todas as aulas, distintas mulleres artistas, buscar información das mesmas na Rede e noutros materiais  e elaborar un Power Point que titulamos Elas están na…, tendo en conta que as Artes é o Proxecto da Biblioteca deste curso.
 O luns, 9 de marzo, proxectámolo no recibidor á entrada do alumnado. Cada curso volveuno mirar e comentouno ao longo da mañá. Subímolo á Páx. Web e a este Blog.

miércoles, 19 de marzo de 2014

DÍA DA MULLER TRABALLADORA




Co gallo do Día Internacional da Muller Traballadora na Biblioteca fixemos unha selección de lecturas relacionadas coa temática.Ademais, tendo en conta que o noso Proxecto estuda o paso do home pola historia, decidimos escoller mulleres importantes de cada época para, entre todas as aulas, buscar información na Rede e noutros materiais  e elaborar un Power Point que titulamos "Tralas pegadas de mulleres históricas": Lucy Australopithecus e Ardipitecus Ramidus, na Prehistoria; Agnódice, en Grecia; Hatshepsut “A Faraona” e Cleopatra VII, en Exipto; Dona Urraca e Trotula de Salerno, na Idade Media; Mary Wollstonecraft, na Idade Moderna; Clara Campoamor, na Contemporánea.
O venres, véspera do 8 de marzo, proxectámolo no recibidor na entrada do alumnado. Cada curso puido miralo ao longo da mañá.
 
Preme aquí para velo

domingo, 10 de marzo de 2013

MULLERES NO TEMPO

   
     Con motivo da celebración do Día da Muller Traballadora, o 8 de marzo, solicitamos a colaboración das familias para desenvolver unha actividade acordada no Observatorio pola Convivencia do Centro a proposta da Biblioteca: Cada alumno/a levou á súa casa un anaco de cartolina no que escribiu,  o nome dunha muller importante, actual ou doutro tempo, e a faceta na que destacou. Os mestres/as tamén aportaron cadanseu nome.
     Na Biblioteca fíxose unha selección de materiais, mesmo elaborados polo alumnado sobre o tema, para axudar na elección.
 

    Coas tarxetas fixemos un Mural titulado “Mulleres no tempo” que a Comunidade Educativa pode contemplar e ler no recibidor do colexio.
 
 

 É o punto de partida para coñecer e investigar sobre moitas mulleres escritoras, artistas, pedagogas, científicas, deportistas, políticas, loitadoras polos dereitos humanos e das mulleres...


        
MARUJA MALLO


Unha destas mulleres é Maruja Mallo.Pincha arriba, no seu nome, e accederás a unha presentación feita polos alumnos/as do CEIP Milladoiro de Malpica.
 

Por último, para reflexionar, invitámosvos a ver o seguinte vídeo. Pinchade aquí:

sábado, 10 de marzo de 2012

DÍA INTERNACIONAL DA MULLER TRABALLADORA

O 8 de marzo celébrase o "Día Internacional da Muller Traballadora" para conmemorar a loita da muller pola súa participación, en pé de igualdade co home, na sociedade e no seu desenvolvemento íntegro como persoa.
A primeira convocatoria tivo lugar en 1.911 en Alemania, Austria, Dinamarca e Suiza extendéndose logo a numerosos países. En 1.977 a Asamblea Xeral das Nacións Unidas proclamou o 8 de marzo como "Día Internacional polos Dereitos da Muller e a Paz Internacional".
No noso colexio quixemos conmemorar esta efeméride proxectando, no recibidor do colexio, unha presentación, feita polo Equipo das TICS, sobre a Muller e o Mar (tema este último, como sabedes, do proxecto da Biblioteca) na que poidemos coñecer como as mulleres aparecen retratadas por algúns pintores galegos.

Este é o vídeo da presentación: