BLOG DA BIBLIOTECA DO CEIP PORTO CABEIRO (REDONDELA, PONTEVEDRA)

BLOG DA BIBLIOTECA DO CEIP PORTO CABEIRO (REDONDELA, PONTEVEDRA)
SAÍNZA, A NOSA MASCOTA
Mostrando entradas con la etiqueta UN MUNDO". Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta UN MUNDO". Mostrar todas las entradas

lunes, 12 de noviembre de 2012

MURAL: " EXPLORA O TEU CORPO "

 
     No recibidor do colexio acabamos de colocar un Mural baixo o lema “Explora o teu corpo” para estimular a curiosidade do noso alumnado e como punto de partida na adquisición de coñecementos sobre este tema do noso Proxecto.
     O Mural conta con ilustracións dos sistemas e aparellos do corpo humano, acompañadas de  informacións e “curiosidades”, e de consellos prácticos de saúde.
 
 
       No Mural ocupa un espazo central o “Home de Vitruvio” (1.490) de Leonardo Da Vinci, debuxo no que o autor mostra como os brazos e as pernas se poden enmarcar tanto nunha circunferencia como nun cadrado e no que establece a relación entre o tamaño da cabeza e o do resto do corpo.

     Leonardo quería comprender e ilustrar o funcionamento interior do noso corpo. Para facelo tiña que practicar diseccións. Isto apenas se fixera anteriormente, xa que a Igrexa o consideraba faltar ao respecto a Deus e a xente da súa época se sentía molesta diante desas investigacións. Porén, as cousas cambiaron, e ao longo da súa vida, Leonardo disecou máis de 30 corpos. Os seus estudos dos músculos, ósos, articulacións e órganos eran sorprendentemente detallados, e ademais estudou a estructura do corazón e do sistema circulatorio.
     Na nosa Biblioteca podes consultar estas e máis cousas sobre Leonardo. Recomendamos a seguinte lectura:
 

jueves, 1 de noviembre de 2012

CO SAMAIN EXPLORANDO O CORPO HUMANO


   Este curso celebramos un Samaín distinto explorando o Corpo humano, tendo en conta o Proxecto da Biblioteca.
   O alumnado, xunto coas súas familias, na “ Semana dos medos”, decorou cabazas “esculpidas” con múltiples motivos  relacionados co Corpo humano. Así xuntáronse verdadeiras esculturas cabaceiras representando o esquelete, o corpo por dentro (aparellos dixestivo, respiratorio…), cabezas humanas ou mesmo partes concretas como a boca, mans, corazón…
 O mércores, 31 de Outubro, alumnado e familias foron sorprendidas ao entrar no Colexio coas súas cabazas acendidas e, ao seu redor, todos xuntos cantamos  cancións aprendidas na Aula de Música.
   Ao rematar a mañá, cada alumn@ levou para a casa a súa cabaza para acendela pola noite, e así celebrar o fin da tempada da colleita na cultura Celta e o comezo do seu  Aninovo. Nesta noite, segundo as crenzas celtas, as almas dos mortos visitaban as casas das súas familias para quentarse e tomar algo de alimento.