BLOG DA BIBLIOTECA DO CEIP PORTO CABEIRO (REDONDELA, PONTEVEDRA)

BLOG DA BIBLIOTECA DO CEIP PORTO CABEIRO (REDONDELA, PONTEVEDRA)
SAÍNZA, A NOSA MASCOTA
Mostrando entradas con la etiqueta PEGADAS ARTÍSTICAS DA HUMANIDADE. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta PEGADAS ARTÍSTICAS DA HUMANIDADE. Mostrar todas las entradas

domingo, 31 de mayo de 2015

REMATANDO O CURSO CON MÁIS EXPOSICIÓNS ARTÍSTICAS

 Neste mes de xuño, o recibidor do noso colexio, encheuse de arte, color, luz e alegría. Vinde velo.
Unha Exposición de pintura deu a coñecer á Comunidade Educativa os Proxectos desenvolvidos polas aulas de 1º e 2º de Primaria, con títulos moi variados: “AchegArte”, “E ti que pintas”, “Diego quere pintar o aire”, “Onde viven os cadros?”, “A Arte de Redondela salpica Nova York”, “A pintura” e  “Miró”, cos cales o alumnado, ademais de aprender, puido experimentar e ser el mesmo artista, realizando fermosas reproducións plásticas.
   Outra Exposición co título “Cabeiro de cine”  xirou en torno a esta Arte, e constaba de libros e fichas impresas que recompilan a información da investigación feita por 5º de Primaria, contando ademais con zootropos, taumatropos… aparatos precursores do cinematógrafo dos irmáns Lumière e construídos polo alumnado; teatro de sombras; libros animados…
 Ademais a mestra de música colocou un Mural cos compositores e músicos máis representativos de distintos períodos: Barroco, Clásico, Romanticismo, Impresionismo, Música Popular, Música Moderna…

sábado, 30 de mayo de 2015

MAIO ARTÍSTICO PARA CELEBRAR AS LETRAS


A Biblioteca colaborou co EDLG para coñecer a Filgueira Valverde subministrando materiais. No Festival das Letras Galegas proxectouse un Power Point sobre o autor homenaxeado e os cursos inspiraron as súas actuacións, diante  da Comunidade Educativa, nos temas relacionados coas Artes. Así houbo un recital de poesía sobre Velazquez; obras de teatro; unha actuación a modo de banda de música; a Danza de Riofrío de Mondariz… A decoración, coas reproducións  do alumnado de cadros de artistas galegos, nos que se  pintaban as Artes, recordaba o noso Proxecto.
 Outras actividades foron sendas Exhibicións, acompañadas de explicacións de colectivos culturais de Redondela, sobre as Danzas das Penlas e das Espadas, que acompañan ás celebracións da Festa da Coca nesta vila. Estivo organizada polo Ciclo de Educación Infantil que fixo, ao longo do curso, un achegamento ás manifestacións artísticas de Redondela.
O noso alumnado tamén tivo ocasión de practicar a Danza das Espadas no patio:
   Ademais os venres de maio, na Biblioteca, houbo actuacións dos “Solistas de Porto Cabeiro”, alumn@s de Primaria que con variados instrumentos interpretaron distintas composicións musicais:
 -Laura Pereira (3º Primaria): “Himno da alegría” (piano).
-Araiz Bastos (4º Primaria): Improvisación (trompeta).
-Sofía García (4º Primaria): Tarantella (piano). 
-Ángela Crespo (5º Primaria): Marcha Swing (frauta traveseira). 
 -Joel García (5º Primaria): Rapsodia Rumana (piano).

miércoles, 20 de mayo de 2015

PINTANDO CADROS CON PINTAUÑAS

Unha nova experiencia se levou a cabo na Sección Bilingüe de Plástica: 
"COMO PINTAR UN CADRO CON PINTAUÑAS?" Para pintar un cadro con pintauñas é necesario ter unha gaveta de plástico, auga, pintauñas e papel de lienzo. 
Elaboración: • Enchemos a gaveta con auga pola mitade • Botamos na auga pintauñas de distintas cores facendo círculos e líneas para facer un cadro abstracto • Para finalizar apoiamos o papel de lienzo sobre a auga e dámoslle a volta.
 Para que vos fagades unha idea podedes ver que fácil é no seguinte enlace:
 https://www.youtube.com/watch?v=Cbtv1_heJb8 
 Este foi o resultado:
 "HOW TO DRAW A PAINTING USING NAIL POLISH?"
 To draw a painting with nail polish, it´s necessary to have a plastic box, water, nail polish and a canvas. Elaboration: • To fill the water into the plastic box • To throw nail polish of different colours making circles and lines to make an abstract picture. • To finish the activity we have to to put over the water the canvas.
 If you want to have more information about it, you can take a look at the next website: https://www.youtube.com/watch?v=Cbtv1_heJb8

viernes, 1 de mayo de 2015

JACKSON POLLOCK AND DRIPPING TECHNIQUE



    No terceiro trimestre na Sección Bilingüe de Plástica  traballouse a Técnica Dripping e polo tanto foi investigado un pintor moi famoso por usar esta técnica nas súas pinturas "Jackson Pollock".
Naceu o 28 de xaneiro de 1.912 en, Codoy ,Wyoming.
O artista estudiou baixo a influencia de Thomas Hart Benton antes de deixar as técnicas tradicionais para explorar o expresionismo abstracto e empezou a verter pintura e outros materiais directamente sobre os lienzos.
No ano 1.941(algunhas fontes señalan que foi no 42) cando Pollock coñece a unha artista contemporánea chamada Lee Krasner e coa que acaba casando no ano 1.945.
Morreu despois de ter un accidente de coche ao chocar contra unha árbore por conducir borracho en Nova York no ano 1.956, con 44 anos.
Unha das súas obras máis importantes e pola cal pagaron 140.000.000 de dólares foi o cadro “Number 5”.
This term we started working on the Technique of dripping and therefore researching a famous painter for using this technique in his paintings “Jackson Pollock”.
Born on January 28, 1912, in Cody, Wyoming.
The artist Jackson Pollock studied under Thomas Hart Benton before leaving traditional techniques to explore abstraction expressionism and started  pouring paint and other media directly onto canvases.
In 1941 (some sources say 1942), Pollock met Lee Krasner, a Jewish contemporary artist and  they married in 1945.
He died after driving drunk and crashing into a tree in New York in 1956, at age 44.
One of his most important paintings is the Number 5. It was sold for 140.000.000 millions of dollars.
 Para a ralización da súa investigación o alumnado seguiu estes pasos: Busca de información en Internet; debuxar usando esta técnica na websidewww.jacksonpollock.org. Convertémonos en artistas e fixemos o noso propio Number 5.

domingo, 26 de abril de 2015

DÚAS EXPOSICIÓNS SOBRE ARTE

En Educación Infantil levan un tempo traballando sobre a Lenda da Coca e as Danzas das Espadas e das Penlas, relacionadas como non co tema das Artes. Agora, un grupo de alumnos de 3, 4 e 5 anos fixeron una  Exposición oral  con todo o aprendido perante  o Ciclo de Infantil, contando ademais coa presenza do alumnado de 4º de Primaria.
     Así mesmo, no recibidor do colexio, podedes ver a Exposición de instrumentos musicais, a modo de esculturas, elaborados con todo tipo de materiais de reciclaxe polo alumnado e as súas familias durante as vacacións de Semana Santa.
 Contamos con instrumentos de percusión (baterías, tambores, maracas, zambombas, castañuelas…); de vento (frautas, saxofóns…) e de corda (guitarras, violonchelos, arpas…). Deste xeito recordamos a necesidade de reutilizar e conmemoramos o Día do Medio Ambiente.
Esta Exposición, dunha das Artes máis admiradas, a música, permanecerá no recibidor ata a primeira semana de xuño.

lunes, 13 de abril de 2015

EXPOSICIÓN "PINTANDO AS ARTES"

A  Exposición “Pintando as Artes”, organizada polo E.D.L.G. en colaboración coa Biblioteca, ten como obxectivo  coñecer pintor@s galeg@s.
 Así,cada clase, escolleu un artista que pintou, nalgún intre da súa obra, algunha das Artes, tema do proxecto da Biblioteca : a pintura, música, cine, danza, teatro, arquitectura… 
 O alumnado fixo reproducións de cadros de Xavier Dopazo, Maruxa Mallo e Leandro Lamas, de forma colectiva, en Infantil; de Mª Luisa Novais, Sabela Baña, Mario Granell, Quique Bordell, Luis Seoane e Jorge Peteiro, individualmente, en Primaria; investigando sobre todos estes artistas.
Vinde coñecer todas estas obras e a admirar as fermosas reproducións do noso alumnado.

domingo, 29 de marzo de 2015

XOGOS E DANZAS NAS ARTES

Un traballo desenvolvido en Educación Física, na aula de 6º, empregando os recursos Abalar, foi sobre o xogo tradicional do Aro Guía. Dita investigación centrouse en coñecer os orixes do xogo en Exipto, Grecia e Roma; en procurar saber como se desenvolvía; e, tamén, en recoñecer as diferentes variedades do mesmo.
Buscouse a presenza do Aro Guía nas Artes: na fotografía,cerámica, escultura e pintura (por exemplo, “Neno con aro” de Laxeiro).

Coa información impresa e con Aros Guía, subministrados pola familias, a mestra de Ximnasia organizou unha Exposición.
As mestras de Infantil deron a coñecer ao seu alumnado unha festa de orixe pagá que se celebra en Redondela o día do Corpus Christi: a da Coca, na que ocupan un lugar importante dúas Artes: a música e a danza: a Danza das Espadas e a Danza das Penlas nas que se escenifica a derrota da Coca, un monstro da mitoloxía galega, a man dos mozos redondeláns.

Os mestres coa axuda das familias, organizaron unha Exposición con materiais sobre a festa: fotos, recortes de xornais, libros de consulta e literatura, maquetas da Coca…
Nas profundidades da enseada de San Simón, na Ría de Vigo, vivía un diabólico dragón, coñecido como a Coca, que atemorizaba aos habitantes de Redondela porque de vez en cando se achegaba á vila para raptar a algunha nena. Un día, un grupo de mariñeiros decidiron facerlle fronte e consegueron derrotar á besta. O triunfo dos redondeláns chega aos nosos días en forma de danza: vintecinco mozos vestidos de branco e con faxín vermello son os encargados de escenificar a Danza das Espadas. Representan aos mariñeiros que venceron á Coca e que tras matala bailaron arredor do seu cadáver para celebrar a victoria. Os bailaríns danzan ao ritmo da gaita e das castañuelas que eles mesmos portan. Por medio das espadas danzan as Penlas. Trátase de dúas nenas pequenas que van en ombros das chamadas “burras”, dúas mulleres que son do gremio dos panadeiros. O baile representa a alegría das nais pola morte da Coca. As nenas van vestidas de branco e levan ás de anxos.

Logo de traballar o contido destas danzas os tres cursos de Infantil fixeron fermosas manualidades: 3 anos, cos mariñeiros da Danza das Espadas, 4 anos, coa Coca e, 5 anos, coa Danza das Penlas:
Pincha aquí  saber máis e ver fotografías destas Danzas.