BLOG DA BIBLIOTECA DO CEIP PORTO CABEIRO (REDONDELA, PONTEVEDRA)

BLOG DA BIBLIOTECA DO CEIP PORTO CABEIRO (REDONDELA, PONTEVEDRA)
SAÍNZA, A NOSA MASCOTA
Mostrando entradas con la etiqueta SESIÓNS DE FORMACIÓN. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta SESIÓNS DE FORMACIÓN. Mostrar todas las entradas

jueves, 14 de noviembre de 2019

COMEZANDO...

Para comezar este curso na biblioteca do C.E.I.P. Porto-cabeiro decidimos realizar varias sesión de formación de usuarios. Estas sesións son especialmente necesarias este curso xa que o ano pasado fixemos un gran cambio na nosa biblioteca. A formación centrouse na organización dos libros na biblioteca, tendo en conta a CDU, e nas normas que debemos seguir para poder empregar os seus recursos. A primeira das sesión foi dirixida aos mestres e a continuación, realizouse unha sesión para cada curso do cole. Ao rematar, cada neno levou un marcapáxinas relacionado co tema do proxecto que empregaremos para marcar a data de devolución dos materiais que leven en préstamo.


sábado, 28 de octubre de 2017

O CIRCO: PASEN E VEXAN

Como sabedes o Proxecto deste curso leva por título "Donas e Cabaleiros, con Vostedes... O circo de Porto Cabeiro". 
 É, polo que, a decoración da Biblioteca se impregnou do tema do Circo e se forneceu de materiais de consulta e literatura para coñecelo.  
Tamén subimos ao Blog, na Páxina O Circo, enlaces con documentais e vídeos. Aí enlazamos materiais de elaboración propia, como o "Mapa Conceptual do circo", que xa podedes consultar.



Para coñecer o funcionamento da Biblioteca, difundindo os seus recursos, tanto os materiais, presentes no espazo, como os virtuais, no Blog, organizáronse entre o profesorado novo e o resto do alumnado Sesións de Formación de usuarios/as.
E tamén entre os nosos voluntarios de 5º e 6º:
No recibidor colocamos un Mural, que inclúe un Mapa Conceptual (espazo, artistas, espectáculo, obxectos e disfraces do circo), acompañado de distintas fotografías. Pasade para velo.

E co gallo do “Día das Bibliotecas” organizamos unha EXPOSICIÓN sobre o Circo, dividida en dúas partes, con libros para todas as idades de: 
* Consulta   e  * Literatura
Ademais de todo isto seguimos coas nosas actividades plurianuais:  
* HORA DE LER: Tempo no que alumnado e profesorado gozan da lectura.
* HORA DE BIBLIOTECA
* PRÉSTAMO

            E moitas máis, das que vos iremos dando conta...

sábado, 29 de octubre de 2011

SESIÓNS DE FORMACIÓN DE USUARI@S


 Dende o luns 17 ao venres 28 de outubro de 2.011 organizamos  sesións de formación de usuari@s entre todo o alumnado do noso Centro, para recordar temas como as normas da Biblioteca, as condicións de préstamo de libros, a localización dos mesmos a través dos códigos de cores e numéricos, as condicións de uso dos ordenadores e unha campaña de coñecemento cara á utilización do blogue da Biblioteca  “ Un libro, dous libros, tres ... ”, difundindo todas as súas posibilidades: actividades da biblioteca, novas de escritores/as e de libros publicados, guías de lectura, reprodución de vídeos, recursos educativos variados, enlaces de interese…
 Aproveitamos para dar a coñecer a exposición de libros de literatura e de consulta sobre o tema do Proxecto deste curso: “ Ondas do Mar de Vigo: A Ría dos tesouros” e, en xeral, sobre o mar, que estará aberta durante todo o mes de novembro.


   
 Rematamos as sesións repartindo os carnés de lectores/as .