BLOG DA BIBLIOTECA DO CEIP PORTO CABEIRO (REDONDELA, PONTEVEDRA)

BLOG DA BIBLIOTECA DO CEIP PORTO CABEIRO (REDONDELA, PONTEVEDRA)
SAÍNZA, A NOSA MASCOTA
Mostrando entradas con la etiqueta COMUNICACIÓNS MENSUAIS. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta COMUNICACIÓNS MENSUAIS. Mostrar todas las entradas

miércoles, 20 de octubre de 2010

SESIÓN DE FORMACIÓN DE USUARIO@S

Ola a todo@s:

Outra vez convosco para informarvos das actividades que se están a desenvolver e que se van realizar na nosa Biblioteca en próximas datas:
* Durante a semana do luns 18 ao venres 22 de outubro, organizamos unhas sesións de formación de usuari@s entre o alumnado, para recordar temas como as normas da biblioteca, as condicións de préstamo de libros, a localización dos mesmos a través dos códigos de cores e numéricos, as condicións de uso dos ordenadores e unha campaña de coñecemento cara á utilización do recén creado blog da biblioteca. Aproveitamos para repartir os carnés de lectores.
* Comentarvos tamén as actividades máis próximas no tempo:
- A partir do día 22 de outubro (venres) poranse en marcha as "Mochilas viaxeiras", cunha carga de libros que poderán estar unha semana en cada casa (de venres a venres).
- O luns 25 e o martes 26 de outubro organizaremos unha "maratón de lectura" de contos populares galegos para celebrar o "Día Mundial das Bibliotecas".
- A apertura da Biblioteca terá lugar o luns 25 de outubro, despois dunha reorganización co obxectivo de mellorar as nosas prestacións.

miércoles, 11 de agosto de 2010

XUÑO 2010


☼ Na semana do 31 de maio ao 4 de xuño podedes visitar na Biblioteca a Exposición que fixemos cos marca páxinas deseñados por cada un de vós e coñeceredes os gañadores/as. Leredes os seus slogans: “Se depre estás, cos libros te divertirás”, “ Le e entra nun mundo de diversión”, “ Hai contos que axudan a crecer”, “ Embárcate na lectura”, “ A lectura é unha ilusión”,

“ O libro é o noso amigo de sempre”, “ A lectura é unha gran aventura”, “ A lectura ábreche a mente”, “ Mergúllate na lectura e nada cara á aventura”, etc

☼ 2 e 4 de xuño serán as datas das últimas saídas á Biblioteca de Redondela. Irán 6º e logo 4º e 5º xuntos.

☼ A Biblioteca pecharase o venres, 4 de xuño para ordenar e facer inventario, polo que antes desa data se devolverán os libros en préstamo. Recolleranse os carnés de lectores/as para deixalos en depósito na Biblioteca ata o próximo curso.

☼ Os alumnos/as de 5º recibirán o cursiño de bibliotecarios o 7 de xuño, luns, no recreo. O alumnado colaborador de 6º recibirá un Diploma na Festa de Fin de Curso, o 22 de xuño.

As Mochilas Viaxeiras levaranse por última vez ás casas o luns, 14 e se devolverán o venres, 18 de xuño, para o seu inventario e quedar depositadas na Biblioteca.

☼ Coas vosas notas recibiredes como agasallo o marca páxinas gañador de cada Ciclo de Primaria. Os de Infantil levarán o seu propio, plastificado.

☼ Ben, chegou o momento de despedirse. Despois de tantas actividades feitas desde a Biblioteca, desexamos que no verán, entre baño e baño, saquedes tempo para ler.

FELIZ VERÁN E FELICES LECTURAS !!!