BLOG DA BIBLIOTECA DO CEIP PORTO CABEIRO (REDONDELA, PONTEVEDRA)

BLOG DA BIBLIOTECA DO CEIP PORTO CABEIRO (REDONDELA, PONTEVEDRA)
SAÍNZA, A NOSA MASCOTA
Mostrando entradas con la etiqueta ACTIVIDADES BIBLIOTECA. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta ACTIVIDADES BIBLIOTECA. Mostrar todas las entradas

domingo, 16 de abril de 2023

Ramón Veiga

 Ola rapazada!!!

O pasado venres estivemos na biblioteca co famoso autor Ramón Veiga que escribiu o xa coñecido conto "Violeta quere ser vampira" e a colección de divertidísimos cómics  "Miñoca e Pega", "Miñoca e Coello" e "Miñoca e Ourizo",  entre outros títulos.

Contounos "Miñoca e Ourizo", o último da colección que nós non coñeciamos aínda. Estamos desexosos de telo na biblioteca porque escachamos coa risa.

Realizamos con Ramón Veiga un obradoiro de banda deseñada co que aprendemos a que os noso personaxes expresen distintas emocións. 

O alumnado de primeiro expuxo un precioso mural realizado coas ilustracións, que eles mesmos fixeron, do cómic "Miñoca e Pega". Precioso!

Por último firmou os exemplares do alumnado e da biblioteca.

GRAZAS RAMÓN!



miércoles, 27 de junio de 2018

AGASALLOS PARA OS VOLUNTARIOS E PARA AS MELLORES LECTORAS E DESPEDIDA


O xoves, 21 de xuño, na festa de Fin de Curso, fixemos entrega dun merecidísimo agasallo aos voluntarios/as da Biblioteca. Dezasete alumnos/as de 5º e 6º  axudáronnos ao longo do curso en moitas tarefas e sen esa axuda a Biblioteca non tería funcionado ben.
MOITAS GRAZAS e esperamos contar con moitos de vós para o vindeiro curso.
Ademais fixemos entrega ás tres mellores lectoras da nosa Biblioteca dun agasallo en forma de libro. Foron: Nerea, de , que levou en préstamo 26 libros; Xiana, de ,  21 e Naira, de , 17. 
PARABÉNS, GRANDÍSIMAS LECTORAS, e a seguir lendo no verán.
 Aproveito ademais, como Responsable da Biblioteca, para despedirme. Despois de dez anos intensos, pero eso sí cargados de moito traballo deixo a Coordinación da Biblioteca para dedicarme a outros labores. Foi marabilloso ter iniciado e estar á fronte deste Proxecto que seguro seguirá destacando pola súa calidade.

sábado, 2 de junio de 2018

O MUNDO DOS CONTOS DE ERIC CARLE


O alumnado de Educación Infantil coñeceu neste curso a obra do escritor e ilustrador infantil Eric Carle. 
Nos seus contos (a maioría inspirados na Natureza) apreciaron a súa técnica, e mesmo tentaron imitala, seguindo os pasos que o propio Eric Carle explica na súa Páxina Web. 
A propia curiosidade dos rapaces e rapazas deu lugar a que indagásemos na vida do autor e na súa carreira literaria e pictórica,  a través dunha serie de Obradoiros moi significativos para eles/as.
O resultado deste traballo foi un Proxecto no que nenos e nenas gozaron, aprenderon, crearon, imaxinaron e sentiron.
Ademais o Proxecto reflectiuse no suplemento educativo Faro da Escola, tendo unha oportunidade máis para coñecelo polo miúdo nas nosas casas.

domingo, 27 de mayo de 2018

ENTREGA PREMIOS EXPOSICIÓN DE RECICLAXE

Entregamos os premios aos nove autores das esculturas circenses seleccionadas entre todas as presentadas á Exposición de Reciclaxe "Na pista... Recicladores artistas".  A entrega foi presentada por dúas voluntarias da Biblioteca 
e os libros de premio entregados por outros voluntarios/as de 5º e 6º.
 
 Noraboa aos premiados e GRAZAS a todos os participantes e as súas familias por colaborar nesta actividade da Biblioteca.

jueves, 24 de mayo de 2018

VISITA Á BIBLIOTECA DO IES PEDRO FLORIANI

 O alumnado de 6º de Primaria visitou o IES Pedro Floriani, centro onde cursará estudos da ESO. E claro está, na súa Biblioteca fixemos unha parada moi especial.

 A súa Responsable desenvolveu unha Sesión de Formación de Usuarios explicando o seu funcionamento, os servizos e as actividades desenvolvidas ao longo do curso entorno ao Proxecto Plambe.
 O próximo curso seguro que esta Biblioteca será un lugar moi visitado polo noso alumnado.

sábado, 12 de mayo de 2018

TELLING STORIES AT THE LIBRARY


Trimestralmente e ao longo deste curso fíxose a actividade "Telling stories at the library" na que as mestras contaron en inglés historias adaptadas á idade do alumnado.
 
 Así, demos a coñecer os fondos nesta lingua da Biblioteca, ao tempo que o alumnado a practicaba. Traballamos a comprensión dos textos e melloramos a competencia lingüística neste idioma. Tamén colaborou na actividade a auxiliar de conversa coa que contou o centro este curso.
 

viernes, 11 de mayo de 2018

PRESENTACIÓN XOGO DE PASAPALABRA

e de Primaria crearon un Xogo de Pasapalabra que leva por título"Circo:O meirande espectáculo do mundo" inventando preguntas, cuxa contestación  garda relación cun concepto do circo: recintos, vivendas, profesións, artistas… Usaron recursos da Páxina O Circo deste Blog e outros materiais  da Biblioteca.

A presentación do Xogo foi realizada polos autores aos seus compañeiros/as de Primaria, en distintas sesións na Biblioteca. Cada alumno/a leu a tarxeta que escribiu, podendo o público responder tendo en conta a información proporcionada na pregunta:
A 1º
 A 2º
A 3º
A 4º
 O Xogo pasou a integrar os fondos da Biblioteca. Podedes vir xogar cando queirades!!!

lunes, 7 de mayo de 2018

Mª VICTORIA MORENO E AS LETRAS GALEGAS 2.018

Como ben sabedes as Letras Galegas deste ano homenaxean á escritora Mª Victoria Moreno, que é a cuarta muller en ser protagonista desta Festa da Cultura e da Lingua Galegas.
Xa preparamos unha selección de lecturas e de materiais didácticos para coñecela mellor. Nesta Exposición das Letras Galegas, na entrada da Biblioteca, no podía faltar unha selección das súas obras, adaptada á  idade do alumnado. Achegádevos, vaivos gustar!. Tamén temos modelos de Marcapáxinas para que os elaboredes.
Búscade a caricatura de Mª Victoria, á dereita da pantalla, e pinchade sobre ela para acceder a recursos dixitais.
Se pinchades  aquí poderedes ademais ver unha presentación  realizada polo IES Saturnino Hermida

sábado, 28 de abril de 2018

LECTURAS COMPARTIDAS EN INFANTIL

As lecturas dos relatos circenses chegaron a Educación Infantil!!!
Na Hora de Ler os gañadores do Concurso de Relatos do Circo achegáronse ás aulas dos máis cativos/as do colexio para lerlles os seus relatos.
Ademais deixamos nas Bibliotecas de Aula exemplares con todas as historias que se imprimiron.
 Agora a lelas de novo!!!

jueves, 26 de abril de 2018

SESIÓN DE CONTACONTOS CON IAGO


A Biblioteca organizou, este 23 de abril para seguir coas conmemoracións do Mes do Libro, unha Sesión de Contacontos  para o alumnado de Infantil, 1º, 2º e 3º de Primaria con Iago López.

 Iago contou dúas historias entrañables: unha, baseada no libro do Hematocrito “Axente Riciños” e outra, tendo como protagonistas a un can negro e a outro branco, do libro  “Eu conto, ti cantas”, de Mª Victoria Moreno, que como sabedes é a autora homenaxeada este ano nas Letras Galegas...
E contounas interactuando co seu público que tanto pedaleaba e collía as curvas dun camiño como durmía placidamente... 
 E coa súa capa vermella rematou a sesión... quizais ata o ano que vén.