BLOG DA BIBLIOTECA DO CEIP PORTO CABEIRO (REDONDELA, PONTEVEDRA)

BLOG DA BIBLIOTECA DO CEIP PORTO CABEIRO (REDONDELA, PONTEVEDRA)
SAÍNZA, A NOSA MASCOTA
Mostrando entradas con la etiqueta BANDA DESEÑADA. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta BANDA DESEÑADA. Mostrar todas las entradas

domingo, 16 de abril de 2023

Ramón Veiga

 Ola rapazada!!!

O pasado venres estivemos na biblioteca co famoso autor Ramón Veiga que escribiu o xa coñecido conto "Violeta quere ser vampira" e a colección de divertidísimos cómics  "Miñoca e Pega", "Miñoca e Coello" e "Miñoca e Ourizo",  entre outros títulos.

Contounos "Miñoca e Ourizo", o último da colección que nós non coñeciamos aínda. Estamos desexosos de telo na biblioteca porque escachamos coa risa.

Realizamos con Ramón Veiga un obradoiro de banda deseñada co que aprendemos a que os noso personaxes expresen distintas emocións. 

O alumnado de primeiro expuxo un precioso mural realizado coas ilustracións, que eles mesmos fixeron, do cómic "Miñoca e Pega". Precioso!

Por último firmou os exemplares do alumnado e da biblioteca.

GRAZAS RAMÓN!



domingo, 24 de febrero de 2013

O BAÚL DO CÓMIC XA ESTÁ ENTRE NÓS

      As Bibliotecas Públicas de Redondela queren dar a coñecer a BANDA DESEÑADA  por todo o Concello e fixeron unha recompilación de 104 títulos nun  "BAÚL VIAXEIRO". Este leva, dende o 2.012, percorrendo moitos centros de ensino de Redondela, parando un mes en cada colexio. Agora chega ao noso e permanecerá aquí ata o 20 de marzo.


     Hai libros para todas as idades : primeiros lectores, para os máis expertos e para adultos. Todos eles responden a unha selección moi variada do mundo da Banda Deseñada realizada con  gran profesionalidade polo persoal das Bibliotecas de Redondela.
     No Equipo de Biblioteca do colexio decidimos facer, con algúns dos fondos, debidamente sinalizados, unha Exposición. Co resto dos cómics preparamos Mochilas, unha por cada Ciclo, que rotaron polas distintas aulas.
 
  
 
     Os pais e nais que desexen ler ditos cómics poden pasar pola Biblioteca da escola no seguinte horario: LUNS, MÉRCORES, XOVES e VENRES, de 16 a 17 Horas.

Non deixedes pasar esta oportunidade !

miércoles, 23 de enero de 2013

EXPOSICIÓN CÓMICS NA BIBLIOTECA. MURAL MANGA.

Seguimos coas actividades relacionadas coa Banda Deseñada para o mes de xaneiro.

 
- O luns, 21, inaguramos a Exposición de Cómics, clasificados por idades, para os máis cativos e para os maiores. Temos un pouco de todo: Contos clásicos como Aladdín e Pinocho, xoias literarias como O Quixote, Os Bolechas, Tito Longueirón, Mortadelo e Filemón, Zipi e Zape, Astérix e Obélix, Lucky Luke, Tintín e Milú, Mafalda, Spirou e Fantasio, Pepe Gotera e Otilio.. e outros máis recentes como Mestre Raposo, Thom, Gárgola, etc.
Outro título presente é "Como facer un cómic". Aprenderedes cales son os elementos do cómic: as viñetas, os personaxes, a cartela,os globos e os seus tipos, como se poden usar as onomatopeas...
Achegádevos pola Biblioteca e seguro que acabades lendo como Estela e Andrés de 5º curso.
 
 
- A Sección Bilingüe de 6º curso confeccionou siluetas de caras seguindo as características do "Manga" e con elas fixeron un Mural: "Manga Style faces", que podedes ver no corredor do segundo piso.
 
Seguro que vos preguntades que é iso de "Manga" ?

Manga  (漫画)  é a palabra xaponesa para designar ás historietas en xeral. Fóra de Xapón, utilízase exclusivamente para referirse ás historietas niponas.
Manga abarca unha ampla variedade de xéneros e chega a públicos diversos e persoas adultas.
Características do Manga
O estilo Manga posúe unha serie de características que o fan diferente a outros estilos de debuxo. Podemos destacar as seguintes: predominio da liña sobre a forma, colocación das viñetas do cómic manga segundo a escritura xaponesa, ollos grandes e xestos esaxerados.
 
 

domingo, 13 de enero de 2013

PERSONAXES CLÁSICOS DE CÓMIC TOMAN O COLEXIO

 
     A partir do 10 de xaneiro iniciamos unha serie de actividades para dar a coñecer o máis salientable da Banda Deseñada, co que o "marabilloso mundo do cómic" chega a Porto Cabeiro.
     Eliximos personaxes por tod@s coñecidos: Zipi e Zape, Mortadelo e Filemón, Astérix e Obélix, Tintín e Milú, Mafalda, Lucky Luke, Spiderman e Superman. De todos eles colocamos siluetas polos corredores do Colexio, cedidas polo colexio de Chans Bembrive, Vigo, acompañadas dunha explicación onde informabamos do nome dos seus creadores, da data de aparición do cómic e das características máis salientables dos  personaxes.
 
 
 
 
     As figuras provocaron un gran interese  nos cativ@s que leron as reseñas para coñecer máis datos dos personaxes.
     Estade atentos porque seguiremos facendo máis actividades como son Exposicións de Libros de Banda Deseñada das que gozaredes de seguro.