BLOG DA BIBLIOTECA DO CEIP PORTO CABEIRO (REDONDELA, PONTEVEDRA)

BLOG DA BIBLIOTECA DO CEIP PORTO CABEIRO (REDONDELA, PONTEVEDRA)
SAÍNZA, A NOSA MASCOTA
Mostrando entradas con la etiqueta CONCURSOS. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta CONCURSOS. Mostrar todas las entradas

sábado, 21 de abril de 2018

CONCURSO LITERARIO: "O CIRCO NAS LETRAS"

Esta é a Edición que publicamos cos seis relatos gañadores do Concurso Literario do Circo e que repartimos en formato papel por todas as aulas.
Animádevos a lelos tamén en formato dixital:
 

miércoles, 6 de diciembre de 2017

CONCURSO DE DEBUXO E DE SLOGANS

 A Biblioteca organizou en novembro un Concurso entre o alumnado para elixir a ilustración e o lema que, con motivos relacionados co Circo, iría na Guía de Lectura do Nadal.
 Pretendiamos así achegar ao alumnado ás actividades da Biblioteca incentivando a súa participación nas mesmas.
O debuxo elixido foi o de Nerea Veiga, de 6º de Primaria.

"O circo e a lectura son máxicos. Anímate a ler"
 O lema de lectura pertence a Nayara Crespo de 6º e a Álex Carballido e Lucas García de 1º.
NORABOA NEREA, LUCAS, ÁLEX E NAYARA

martes, 6 de diciembre de 2016

CONCURSO DEBUXO E SLOGANS




No mes de novembro organizamos un CONCURSO DE DEBUXO E SLOGANS entre o alumnado para elixir a ilustración e o lema que, con motivos relacionados coa nosa particular exploración do Espazo, vai ir na Guía de Lectura do Nadal. Dada a calidade dos presentados decidimos escoller tres debuxos:

AUTOR:Rubén, de 2º
AUTORA: Lara, de 4º

AUTORA: Nayara, de 5º

A Guía titularase “Viaxa por un Espazo de lecturas”  e a autora deste lema é Nerea de 5º.  Se queredes explorar  e coñecer o Espazo non vos esquezades de pedirlles a Papá Noel e aos Reis Magos os libros que vos recomendamos.
Algúns dos cales serán:

sábado, 5 de mayo de 2012

POETAS DA RÍA DE VIGO: MENDIÑO, MARTÍN CÓDAX, XOÁN DE CANGAS.

FEITA POR CARMEN CRESPO       FEITA POR ADRIÁN VÁZQUEZ DURO

Estes son os tres modelos de pegatinas que editamos para celebrar "O Día da Poesía" (2.012) e que repatimos entre o alumnado e profesorado do noso Centro.
 Lembrade que o texto son estrofas de Cantigas de Amigo dos tres Trobeiros da Ría de Vigo e os tres debuxos, seleccionados logo dun Concurso que convocou a Biblioteca, foron realizados por Lara Araujo (2º de Primaria), Adrián Vázquez (3º de Primaria) e Carmen Crespo (5º de Primaria).

domingo, 30 de enero de 2011

CONCURSO DA MASCOTA DA BIBLIOTECA



A Biblioteca, como unha actividade máis de cara á dinamización da mesma entre o alumnado do Centro, convocou, en colaboración co Equipo de Dinamización da Lingua Galega, un concurso para escoller a mascota da Biblioteca.
O concurso desenvolveuse a partir doutro proxecto que tradicionalmente se ven levando a cabo, como é “Imaxina, debuxa e constrúe”, que consiste en elaborar e construír figuras en tres dimensións a partir de materiais de reciclaxe, co que se traballa co alumnado a necesidade da conservación do medio ambiente.
Os participantes no concurso debían facer a súa mascota, ben individualmente ou ben en equipo con outros compañeiros/as, e coa axuda das familias, utilizando teas, la, pallas de cores, cartón, papel, plásticos… e poñéndolle un nome en galego.
A participación foi moi ampla, con corenta e cinco traballos do máis variado, tanto nas figuras como nos materiais empregados, sendo todos eles moi orixinais, con propostas moi conseguidas e froito dun proceso de creación moi elaborado. Así, figuras de animais como tartarugas, ratiños de biblioteca, vagalumes, serpes, etc. mesturáronse con pallasos, espantallos, fadas, robots, libros ou trens de lectura.
Con todas elas fixemos unha Exposición, no recibidor da entrada, que vos invitamos a ver.