BLOG DA BIBLIOTECA DO CEIP PORTO CABEIRO (REDONDELA, PONTEVEDRA)

BLOG DA BIBLIOTECA DO CEIP PORTO CABEIRO (REDONDELA, PONTEVEDRA)
SAÍNZA, A NOSA MASCOTA
Mostrando entradas con la etiqueta SAMAIN. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta SAMAIN. Mostrar todas las entradas

lunes, 24 de octubre de 2022

DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES E ACTIVIDADES DE SAMAÍN

 Ola rapazada!!!

Por fin hoxe é 24 de outubro e a nosa biblioteca abre a súas portas a todo o alumnado.

Esta semana, en relación ao proxecto deste curso "Un paseo polo tempo" poderemos asistir ao visionado dalgunhas partes de pelis de medo que foron estreadas e producidas en distintas décadas do século XX.






Ademais, e co gaio do SAMAÍN, que celebraremos o venres 28, xunto co MAGOSTO, ofreceremos no noso recuncho da biblioteca creativa un OBRADOIRO DE ESCRITURA CREATIVA.
Neste obradoiro poderemos escoller entre escribir historias de terror ou crear as nosas apócemas.







Non nos esquecimos de recoller as MOCHILAS VIAXEIRAS.  Como cada ano pasamos pola biblioteca para recoller as mochilas de cada aula e aproveitamos para ler un contiño terrorífico...



BICOS E APERTAS 




jueves, 14 de noviembre de 2019

CELEBRAMOS O SAMAÍN

Este curso celebramos un Samaín de cine! Para dar comezo á celebración, os días previos, cada aula decorou a súa porta cun personaxe dunha película de medo e fixemos unha selección de lecturas axeitadas para este día na biblioteca.

 Xa no propio día, o alumnado disfrazouse de personaxes de medo e trouxo ao cole cabazas decoradas con motivos relacionados co cine.


Realizamos lecturas terroríficas na biblioteca.



E tamén tivemos merendas e discoteca de medo.








Pasámolo xenial.

Toda a festividade organizouse en colaboración con EDLG.

miércoles, 1 de noviembre de 2017

LECTURAS TERRORÍFICAS E SAMAÍN


Para gozar da lectura en torno á celebración do  SAMAÍN, a  Biblioteca fixo unha selección de "LECTURAS DE MEDO… PARA LER SEN MEDO", adaptada ás distintas idades do noso alumnado: 
“Lobishome”,   ¿Quién está debajo del agua?, "¿Quién es? ¡Cuidado!, "Nada puede asustar a un oso", "Violeta quere ser vampiro" e moitas máis:
Puidemos lelas os días anteriores e o mesmo día da celebración, facendo diversas actividades como debuxos de portadas, manualidades...
 Para a celebración do Samaín o colexio pediu a alumnado e familias que decorasen cabazas con elementos relacionados coa temática anual da Biblioteca. Con elas fixemos unha EXPOSICIÓN no Corredor do medo, admirada por toda a Comunidade Educativa, o martes, 31 de outubro.
 Houbo todo tipo de esculturas cabaceiras circenses que puxeron de manifesto a grande imaxinación de nenos e familias: carpas, malabaristas, magos, domadores, pallasos, botadores de cartas, trapecistas, forzudos, homes bala… dispostas todas en torno ao Corredor do medo, decorado con motivos da celebración,

pero tamén con moitos murais sobre o Circo elaborados e pintados pola mestra e o alumnado de 2º de Primaria.
  O alumnado pasou polo Corredor
pero tivo máis sorpresas como o Circo dos Terrores, onde puido facer a escuras un circuito de xogos.
A festa samainera contou con obradoiros de maquillaxe, fotografías diante dun Photocall e merendas de medo...

martes, 15 de noviembre de 2016

DÍA DAS BIBLIOTECAS E SAMAÍN NA MESMA SEMANA

 Na semana do 24 ao 28 de outubro para celebrar o Día das Bibliotecas Escolares, como vén sendo tradicional, fixemos unha  Maratón de lectura, con libros do Espazo.
En Infantil os títulos contados foron: “A que sabe a Lúa?”, “A canción do Sol” e  “Brunilda astronauta”. En Primaria: “Brunilda astronauta”, “Cando a Terra esqueceu xirar”,  Por que o planeta Terra é tan especial?”, “Sopa de estrelas”, “O Principiño” e “Po de estrelas” .
 O venres, 28 celebramos un  Samaín espacial.
 Alumnado e familias, na “Semana dos medos”, decoraron cabazas con motivos relacionados co Espazo e con todas organizamos unha EXPOSICIÓN. Xuntáronse verdadeiras esculturas cabaceiras representando un amplo abano de motivos espaciais: sistemas planetarios, estrelas, soles e lúas, planetas, naves espaciais, astronautas, extraterrestres, o home na Lúa …
A Biblioteca fixo unha selección de lecturas, adaptada ás distintas idades do noso alumnado, para que as clases, unha vez atravesado o corredor dos medos, puidesen gozar das mesmas e dun Samaín moi especial: “Os tres bandidos”, “A bruxa regañadentes”, “O lobo”, “O home do saco”, “O esquelete”, "A pantasma"…
 Para a ocasión, os máis pequenos, de Infantil maquilláronse para meternos a todos moito medo!!!

viernes, 30 de octubre de 2015

UNS "CALACÚS" MOI VIAXEIROS 2015

Este curso celebramos un Samaín moi especial coa nosa particular viaxe polo mundo.
Alumnado e familias, na “Semana dos medos”, decoraron as cabazas con personaxes e vestimentas das distintas culturas do mundo. Con todas organizamos unha EXPOSICIÓN, no recibidor, que foi vista pola Comunidade Educativa.

Xuntáronse verdadeiras esculturas cabaceiras representando un amplo abano de países: México, Francia, Italia, Inglaterra, o Ártico, Brasil, Australia, a India, EEUU, Xapón … Mesmo había unha Colección de Máscaras Samurais:

Na Biblioteca podemos gozas dunha selección de "lecturas de medo" que nos lembran a efeméride: