BLOG DA BIBLIOTECA DO CEIP PORTO CABEIRO (REDONDELA, PONTEVEDRA)

BLOG DA BIBLIOTECA DO CEIP PORTO CABEIRO (REDONDELA, PONTEVEDRA)
SAÍNZA, A NOSA MASCOTA
Mostrando entradas con la etiqueta MALETAS VIAXEIRAS. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta MALETAS VIAXEIRAS. Mostrar todas las entradas

lunes, 21 de noviembre de 2022

MALETAS VIAXEIRAS



 Ola rapaces e rapazas

Maletas viaxeiras preparadas, listas...XA

Hai dúas maletas viaxeiras con materiais sobre inclusión e diversidade pululando polas aulas. Estarán en cada aula 15 días e logo cambiarán de clase. Disfrutade destes materiais e coidádeos moito.





Un libro é un tesouro.

Bicos e apertas

miércoles, 18 de marzo de 2020

DÍA INTERNAIONAL DA MULLER


O 8 de marzo celebramos o día internacional da muller tendo en conta o lema "Son da xeración igualdade: polos dereitos das mulleres" proposto pola ONU. Tendo en conta este lema e o proxecto deste curso decidimos facer visibles a todas as mulleres "invisibles" do mundo do cine, achegando ao alumnado a unha igualdade real tan necesaria na nosa sociedade. Dende a biblioteca propuxemos unha reflexión sobre a figura da muller en postos directivos na industria do cine así como en postos como a realización, cámara, son... e reflexionamos tamén sobre a diferenza entre actores e actrices ao chegar a certa idade.

Para facer visibles a todas estas mulleres, escollemos algunhas representantes que colgamos na entrada do cole nun mural chamado "Mulleres de cine". A continuación contactamos con algunhas delas a través de redes sociais e xa recibimos resposta! En canto poidamos vos deixaremos aquí as novidades.




Ademais, puxemos en marcha a maleta de igualdade con materiais relacionados con este tema adaptados a todo o alumnado do centro. Inicia o seu camino en 6º de Educación Primaria e o rematará en 4º de Educación Infantil.



Por último, realizamos unha sesión de contacontos en educación infantil a cargo de dúas voluntarias da biblioteca, Alba e Uxía. Contaron "Las princesas también se tiran pedos".



jueves, 5 de diciembre de 2019

NOVEMBRO: MES DA CIENCIA EN GALEGO

En novembro celebramos o mes da ciencia en galego. Dende a Biblioteca Escolar puxemos en marcha a maleta científica que comeza por 6º de Educación Primaria e visitará todas as aulas do centro.







Fixemos un mural onde se recollen inventos que foron imaxinados para unha película de cine e que hoxe en día son realidade. Por exemplo: os coches autónomos, as impresoras 3D ou as gafas interactivas.



Tamén recibimos a visita do mago Paco coa actividade "Matemaxia" organizada polo Concello de Redondela. Con esta actividade o alumnado fíxose consciente de que certas cousas que parecen maxia non o son, xa que en realidade, e cuestión de ciencia.



miércoles, 17 de enero de 2018

AS MALETAS VIAXEIRAS DO CURSO 2.017/18 CHEGAN A 2º E A 6º

A Biblioteca preparou dúas Maletas Viaxeiras: unha para os maiores da  escola;
 e outra, para os máis cativos,
cheas de materiais de  literatura e consulta, como son os libros do circo ou os escritos por María Canosa, que visitará proximamente a Biblioteca.
 Ámbalas maletas estarán entre catro e cinco  semanas en cada clase. Levan dentro o inventario dos materiais (libros e revistas) e o calendario coas quendas de reparto.
 A dos peques  viaxou primeiro a 2º de Primaria

e a dos maiores foi a 6º.
Pero tranquilos que chegarán a todas as aulas no resto do curso

lunes, 23 de enero de 2017

MALETAS VIAXEIRAS 2.017

 As nosas dúas Maletas Viaxeiras iniciaron hoxe, luns 23 de xaneiro, o seu percorrido polas aulas.
 A de Infantil, 1º e 2º de Primaria xa chegou a este último curso, sendo recibida con moito entusiasmo polo seu alumnado.
A dos maiores, xa quedou instalada en 5º de Primaria, inicio da súa viaxe por  3º, 4º, 5º e 6º.
Ambas Maletas van dotadas de materiais de literatura e consulta, elixidos polas titoras e  adaptados  á idade do alumnado. Entre estes materiais estaban os relacionados co noso Proxecto Anual do Espazo. Permanecerán ambas as dúas Maletas entre catro e cinco  semanas en cada clase.