BLOG DA BIBLIOTECA DO CEIP PORTO CABEIRO (REDONDELA, PONTEVEDRA)

BLOG DA BIBLIOTECA DO CEIP PORTO CABEIRO (REDONDELA, PONTEVEDRA)
SAÍNZA, A NOSA MASCOTA
Mostrando entradas con la etiqueta LER CIENCIA NA BIBLIOTECA ESCOLAR. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta LER CIENCIA NA BIBLIOTECA ESCOLAR. Mostrar todas las entradas

jueves, 10 de noviembre de 2022

NOVEMBRO, MES DA CIENCIA EN GALEGO

 Ola nenas e nenos!

O nosa biblioteca non para de argallar novos obradoiros para facer dos recreos un momento de explosión creativa. Para este mes temos preparado...


Empregaremos luces led, cinta de cobre, baterías, cartolinas... Todo o atopamos no espazo creativo da biblioteca e os nosos axudantes de biblioteca bótannos unha man se é preciso.




domingo, 19 de enero de 2014

EXPOSICIÓN "LER CIENCIA NA BIBLIOTECA"

      “Ler Ciencia na Biblioteca Escolar” é o lema para o curso 2.013/14 das Bibliotecas Escolares Galegas. Por iso decidimos organizar na Biblioteca unha Exposición con materiais variados de ciencia axeitados ao noso alumnado: matemáticas, bioloxía, corpo humano, planeta Terra e a súa representación, Sistema Solar, investigador@s importantes e os seus inventos, propostas de experimentos…
     Dita Exposición, que poderá ser visitada no recreo e nas Horas de Biblioteca durante xaneiro e a primeira semana de febreiro,  servirá para mellorar a Competencia no Medio Físico e Social do noso alumnado. Ao tempo repartíronse Marca páxinas e chapas co lema Ler Ciencia facilitados pola Asesoría de Bibliotecas Escolares de Galicia.
 
     Se queremos experimentar pola nosa conta, a parte das ideas que nos proporcionan os libros da Exposición, podemos consultar no seguinte enlace  (pincha enriba) as experiencias desenvolvidas polo CEIP de Cespón e a súa Biblioteca. Hainas tan interesantes como a "das tres capas flotantes":
 
 
Pincha enriba de "Ciencia fácil" para acceder a un blog de ciencia moi interesante:

     Por último, invitámosvos a ver o vídeo que a  NASA (Axencia Espacial de Estados Unidos)elaborou para felicitar 2.014 facendo un repaso polos fitos maís importantes do 2.013: