BLOG DA BIBLIOTECA DO CEIP PORTO CABEIRO (REDONDELA, PONTEVEDRA)

BLOG DA BIBLIOTECA DO CEIP PORTO CABEIRO (REDONDELA, PONTEVEDRA)
SAÍNZA, A NOSA MASCOTA
Mostrando entradas con la etiqueta PROXECTO: "UNHA PERSOA. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta PROXECTO: "UNHA PERSOA. Mostrar todas las entradas

viernes, 3 de mayo de 2013

UNHA CITA PARA A CONVIVENCIA

     Logo de abordar o estudo anatómico do corpo humano e de afondar no coñecemento dos hábitos de saúde, neste terceiro trimestre centrámonos no respecto ás diferenzas persoais que tanto nos enriquecen ás persoas.
      Aproveitando o aniversario da ONCE e en colaboración co Club de xogadores de baloncesto en cadeira de rodas, AMFIV, o 24 de abril, fomos de excursión ao avillón de Bouzas en Vigo, onde puidemos coñecer de primeira man como persoas con diversas discapacidades loitan por ter unha boa calidade de vida.
     Descubrimos como xogan os cegos ao goalball e as persoas que están en cadeira de rodas ao baloncesto. Tamén fomos en tandem con José, campión de España  nesta especialidade de descenso.
 
 
 
     O alumnado pasou unha mañá moi divertida xogando dun xeito no que nunca antes fixera, aprendendo que, adaptando os xogos, no deporte non hai limitacións. Os nenos e nenas manifestaron que tiveran sensacións que nunca antes viviran. Puxéranse na pel de persoas distintas a eles.

 
      AMFIV facilitounos a dirección do seu blog para acceder ás súas actividades.
 

sábado, 20 de abril de 2013

DÚAS EXPOSICIÓNS "MOI HUMANAS"

     Dúas exposicións, cuxa temática tiña como eixe central o Corpo e a figura humanas, enchen de orixinalidade e color o noso colexio. Vinde coñecelas.



     1.- Exposición, realizada entre a Biblioteca e o  Equipo de Dinamización da Lingua Galega, con figuras e esculturas construídas con todo tipo de materiais de reciclaxe. Ditas construcións, feitas polo alumnado e as familias nas  casas, levan nome en galego. Contamos con órganos como os dos sentidos (vista, oído, gusto, tacto…); pulmóns, corazóns, riles; robots “humanizados”; esqueletos e ósos, mesmo fracturados; dentes; músculos; bocas, caras e cabezas; e  siluetas de figuras humanas con todos os seus órganos internos.
     


     
     2.- Exposición “Pintando o corpo humano”, organizada polo E.D.L.G. Co fin de coñecer pintores galegos, cada clase escolleu a un artista que abordou a temática da figura humana nalgún dos seus cadros: M. Ruibal, Luís Davila,  Antonio G. Patiño, Luís Seoane e Maruja Mallo. O alumnado fixo a reprodución dos mesmos nas aulas.
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 

viernes, 12 de abril de 2013

MÁIS TRABALLOS SOBRE O CORPO HUMANO


 A aula de  1º de Primaria levou adiante o Proxecto multidisciplinar “Un sorriso saudable: O noso álbum de saúde buco dental" , traballo sobre a dentición e a súa hixiene.  
     En grupos, os alumnos/as acadaron información que plasmaron en textos copiados de libros ou ben fichas confeccionadas pola mestra en relación coas distintas materias. Todo elo se recolleu nun Álbum.
     Como parte do proceso de busca de información a través de libros, vídeos, internet e maquetas, localizaron pequenas pezas de teatro, adiviñas, cancións e contos relacionados cos dentes, recompilados na Escolma: “Teatriño, Adiviñas, Contos e Cancións para ter uns dentes sans e máis molóns", transcritas e ilustradas polos nenos/as.
     As conclusións do Proxecto leváronnos a descubrir a importancia da hixiene para a prevención das enfermidades bucodentais confeccionando un Ficheiro de trece fichas que indica as pautas a seguir para acadar unha boca san, con debuxos e fotos dos propios nenos/as ensinando os pasos dun correcto cepillado, titulado “Os nenos de primeiro invítanvos a ler estes conselliños para sorrir ben".

 
 Para reforzar o aprendido sobre os cómics confeccionaron un na clase titulado “Dente lediño: ataque pegañento" no que se refire a historieta dunha moa atacada por unha carie e salvada polo cepillo e a pasta. En Plástica fixeron Bonecos dentistas con material de refugallo.

 
     Todo o material concentrouse nun carriño ao que chamaron “Carriño do sorriso saudable” que, durante o mes de abril, permanece exposto na nosa Biblioteca, como un acto máis para celebrar o Mes do Libro.
--------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------
--------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------

 
      Pola súa parte a clase de 4º de Primaria, que xa escollera o "almorzo saudable" como tema para contribuír na elaboración do Cómic colectivo sobre a Saúde, confeccionou un Mural sobre o Aparato dixestivo a partir dos traballos escritos, realizados polo alumnado, sobre os seus órganos e as funcións desenvolvidas por cada un; a pirámide alimentaria e a necesidade dunha alimentación equilibrada; consellos saudables a ter en conta como mastigar ben os alimentos… Dito Mural foi colocado nun corredor, transitado por todo o alumnado do Centro,  para ser de público coñecemento.

sábado, 16 de marzo de 2013

"TALLER DE FROITA" EN INFANTIL

      Con relación ao noso Proxecto do Corpo Humano, neste 2º Trimestre, centrámonos na "Hixiene e alimentación". O alumnado de Educación Infantil realizou unha saída didáctica a un hipermercado coñecendo “in situ” as distintas seccións nas que se venden os máis variados produtos que constitúen a base da nosa alimentación: peixería, carnizaría, froitaría, panadaría...
     Ao día seguinte, púxose en práctica un “TALLER DE FROITA”, coincidindo nun xoves, que é o Día da Froita en todo o colexio: dende hai anos, nese día, todo o alumnado, tanto de Infantil como de Primaria, trae froita para merendar.
 

     Para festexar ese Día @s cativ@s fixeron as súas propias brochetas coas súas froitas preferidas. Os pasos seguidos para a súa elaboración foron: Pelar as froitas e cortar as mesmas en anacos pequenos. A continuación colocar a froita cortada no espeto. E, por último, comer con moita ansia, poñendo en práctica un xeito san de alimentación. Que saborosa estaba a froita !!!
 
 

    Claro está, antes e despois da degustación, o alumnado practicou as normas básicas de hixiene que hai que seguir no momento de comer, lavando con xabón as  mans e secándoas convenientemente.


 
 Por último, tamén botaron unha man para axudar a recoller e deixar as clases ben limpiñas.
A que si!!!

lunes, 12 de noviembre de 2012

MURAL: " EXPLORA O TEU CORPO "

 
     No recibidor do colexio acabamos de colocar un Mural baixo o lema “Explora o teu corpo” para estimular a curiosidade do noso alumnado e como punto de partida na adquisición de coñecementos sobre este tema do noso Proxecto.
     O Mural conta con ilustracións dos sistemas e aparellos do corpo humano, acompañadas de  informacións e “curiosidades”, e de consellos prácticos de saúde.
 
 
       No Mural ocupa un espazo central o “Home de Vitruvio” (1.490) de Leonardo Da Vinci, debuxo no que o autor mostra como os brazos e as pernas se poden enmarcar tanto nunha circunferencia como nun cadrado e no que establece a relación entre o tamaño da cabeza e o do resto do corpo.

     Leonardo quería comprender e ilustrar o funcionamento interior do noso corpo. Para facelo tiña que practicar diseccións. Isto apenas se fixera anteriormente, xa que a Igrexa o consideraba faltar ao respecto a Deus e a xente da súa época se sentía molesta diante desas investigacións. Porén, as cousas cambiaron, e ao longo da súa vida, Leonardo disecou máis de 30 corpos. Os seus estudos dos músculos, ósos, articulacións e órganos eran sorprendentemente detallados, e ademais estudou a estructura do corazón e do sistema circulatorio.
     Na nosa Biblioteca podes consultar estas e máis cousas sobre Leonardo. Recomendamos a seguinte lectura: