BLOG DA BIBLIOTECA DO CEIP PORTO CABEIRO (REDONDELA, PONTEVEDRA)

BLOG DA BIBLIOTECA DO CEIP PORTO CABEIRO (REDONDELA, PONTEVEDRA)
SAÍNZA, A NOSA MASCOTA
Mostrando entradas con la etiqueta BIBLIOTECAS REDONDELA. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta BIBLIOTECAS REDONDELA. Mostrar todas las entradas

jueves, 28 de noviembre de 2013

XUNTANZA DAS BIBLIOTECAS DE REDONDELA

     O martes, 26 de novembro, unha vez máis neste curso, reunímonos as Responsables das Bibliotecas Escolares e Municipais do noso Concello. No afán por coordinarnos e facer actividades conxuntas, estivemos perfilando dúas propostas de colaboración: unha, a elaboración dun Cómic colectivo sobre lendas de Redondela. O noso colexio aportou en Banda deseñada a historia da Muller- serpe, a Lenda da moura, confeccionada polo alumnado que agora está en 6º de Primaria. Pediremoslle ao Concello que nolo edite. A segunda proposta é facer unha gravación radiofónica intercentros en "Ponte nas Ondas", que ilustraría unha viaxe multifacética por Redondela.
 
 
      Terémosvos informados segundo vaiamos perfilando estas actividades.

jueves, 12 de abril de 2012

VISITA Á BIBLIOTECA DE REDONDELA

Como ven sendo costume dende hai uns cantos anos organizamos, en colaboración coa Responsable da Biblioteca  Pública de Redondela, unha visita á mesma.
Así, o 27 de marzo, o noso alumnado de Infantil de 5 anos e de 3º de Primaria coñeceu as súas instalacións e asistiu a unha actividade de animación á lectura coa conta contos  Leo.


Entre outros, narrou e representou estas historias: “ O tambor máxico ”, “ Unha de piratas ” e “ A arboriña Risiñas ”.
Tamén cantou a un público, totalmente entregado e agradecido, cancións como “ Teño unha formiguiña na patiña”.


                                      

sábado, 12 de marzo de 2011

VISITA Á BIBLIOTECA DE REDONDELA



O alumnado de 5 anos de Infantil máis o de 3º de Primaria realizou unha visita, organizada pola Biblioteca do noso Colexio, á Biblioteca Pública de Redondela para coñecer as súas instalacións e tamén para asistir á actuación da contacontos Charo Pita co seu espectáculo "Menú de contos".
É esta unha iniciativa, recollida na nosa Programación Xeral Anual, de cara á animación á lectura e que pretendemos manter en anos vindeiros para que todo o noso alumnado, ao longo da súa permanencia no Colexio, poida achegarse ata a que será a súa Biblioteca Pública de referencia.

miércoles, 6 de octubre de 2010

II ENCONTRO DE BIBLIOTECAS ESCOLARES E MUNICIPAIS DE REDONDELA


As responsables das Bibliotecas Escolares e Municipais de Redondela reunímonos o 23 de setembro para coordinar actividades cara a desenvolvelas conxuntamente neste curso 2010-11. Adiantámosvos algunhas das posibles:


- Xornadas de formación sobre "banda deseñada" para mestres/as co ilustrador Gochi, creador da Editorial "Cerditos de Guinea" http://www.cerditosdeguinea.com/

- "Maletas viaxeiras" que a Biblioteca de Redondela achegará aos Centros Escolares en forma de préstamo interbibliotecario, con "cómics" para público infantil, xuvenil e adulto.

- "Semana do Libro: A festa da palabra". Autocaravana para "transportar a lectura" con libros en varias linguas.


Iremos dándovos conta de todo o que vaiamos realizando.