BLOG DA BIBLIOTECA DO CEIP PORTO CABEIRO (REDONDELA, PONTEVEDRA)

BLOG DA BIBLIOTECA DO CEIP PORTO CABEIRO (REDONDELA, PONTEVEDRA)
SAÍNZA, A NOSA MASCOTA
Mostrando entradas con la etiqueta CELSO EMILIO FERREIRO. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta CELSO EMILIO FERREIRO. Mostrar todas las entradas

miércoles, 8 de mayo de 2013

CELSO EMILIO FERREIRO E O MES DAS LETRAS GALEGAS

     En 1.963 a Real Academia Galega acordou declarar o día 17 de maio de cada ano como "Día das Letras Galegas", data na que se conmemoraba a publicación da obra de Rosalía de Castro "Cantares Gallegos". A Academia considerou que dita obra veu darlle prestixio universal a nosa lingua. Medio século máis tarde seguimos celebrando cada 17 de maio unha data significativa para as nosas letras. Este ano o autor homenaxeado é Roberto Vidal Bolaño, o máis importante dramaturgo galego. Preme aquí e accederas a materiais para coñecelo mellor.
 
 
 
Tamén podedes ver este vídeo feito polo alumnado do CEIP Pedrouzos Brión
 
 
 
     Ademais, seguindo coa homenaxe a Celso Emilio Ferreiro podemos ler un poema da súa autoría no que fai unha encendida defensa do galego:
 
"DEITADO FRENTE AO MAR"
 
Lingoa proletaria do meu pobo,
eu fáloa porque si, porque me gosta,
porque me peta e quero e dame a gana;
porque me sai de dentro, alá do fondo
dunha tristura aceda que me abrangue
ao ver tantos patufos desleigados,
pequenos mequetrefes sin raíces
que ao pór a garabata xa non saben
afirmarse no amor dos devanceiros,
falar a fala nai,
a fala dos abós que temos mortos,
e ser, co rostro erguido,
mariñeiros, labregos da lingoaxe,
remo i arado, proa e rella sempre.
Eu fáloa porque si, porque me gosta
e quero estar cos meus, coa xente miña,
perto dos homes bos que sofren longo
unha historia contada noutra lingoa.
 


miércoles, 26 de diciembre de 2012

POESÍAS DE INVERNO


Seguimos coa nosa HOMENAXE a Celso Emilio Ferreiro, nesta ocasión, cun poema que leva por título:

"INVERNO"
 
Chove, chove na casa do probe
e no meu corazón tamén chove.
 
Dor da mau encallecida,
dor da xente aterecida
de frío polos camiños.
Dor dos vellos e meniños.
Dor dos homes desherdados
e dos que están aldraxados.
 
Mágoa da ferida allea.
Dor dos que están na cadea,
dos que sofren a inxustiza
e viven baixo a cobiza.
 
Mágoa e loito
por tanto pranto que escoito.
 
Chove, chove na casa do probe
e no meu corazón tamén chove.
  

E, agora, un do poeta do Courel  Uxío Novoneyra 
 
Neva no bico do cume,
neva xa pola ladeira,
neva no teito e na eira.
 
Cai a neve, cai e cai,
folerpiña a folerpiña,
nin o vento a arremuíña,
nin a auga a desfai.
 
Xea.
Vai un frío que queima.
 


domingo, 16 de diciembre de 2012

HOMENAXE A CELSO EMILIO FERREIRO

 
Celso Emilio Ferreiro nado en Celanova o 4 de xaneiro de 1.912 e falecido en Vigo o 31 de agosto de 1.979 foi un escritor e político galeguista.
Máximo expoñente da poesía social en lingua galega, a súa obra "Longa noite de pedra" é un dos libros chave para entender a literatura galega.
Foille adicado o Día das Letras Galegas no ano 1.989.
 
Na Biblioteca do noso colexio podedes ler "Escolma poética" un fermoso libro con algunhas das súas poesías máis significativas:
 
  
A nosa pequena HOMENAXE a Celso Emilio no Centenario do seu nacemento consistirá en  subir a este blog ao londo do curso algunha destas poesías. Empezamos con:
 
"TEÑO O CORAZÓN SENLLEIRO"
 
Teño o corazón senlleiro
e orfo na noite fría.
                                                       Non importa, agardaréi
                                                      polo albor do novo día.
Teño lobos, teño sombras,
teño a sorte fuxidía.
                                                    Non importa, agardaréi
                                                   polo albor do novo día.
Está mudo o reixiñol
que outrora cantar solía.
                                                   Non importa, agardaréi
                                                 polo albor do novo día.
Que está comigo a esperanza,
fiando, fía que te fía...
                                          Ela fía i eu confío
                                               no albor do novo día.


(De "Viaxe ao País dos Ananos")

Para coñecer imaxes da vida e obra de Celso Emilio pincha aquí no seguinte vídeo realizado polo Equipo de Dinamización da Lingua Galega do CPI Celso Emilio Ferreiro (Vigo):