BLOG DA BIBLIOTECA DO CEIP PORTO CABEIRO (REDONDELA, PONTEVEDRA)

BLOG DA BIBLIOTECA DO CEIP PORTO CABEIRO (REDONDELA, PONTEVEDRA)
SAÍNZA, A NOSA MASCOTA
Mostrando entradas con la etiqueta DEREITOS DOS NENOS E DEREITOS HUMANOS. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta DEREITOS DOS NENOS E DEREITOS HUMANOS. Mostrar todas las entradas

viernes, 24 de noviembre de 2017

DEREITOS DOS NENOS E NENAS


O 20 de novembro commemórase a Declaración dos Dereitos da Infancia.
 A Biblioteca acordouse desta data tan importante e fixo unha selección de materiais para empregar nas aulas.
Fixéronse distintas actividades como o Mural que a mestra de 2º confeccionou cos traballos elaborados polo alumnado da súa clase e  polo  de Valores de 3º.
AGORA SÓ QUEDA ESPERAR QUE SEXAN UNHA REALIDADE EN TODO O MUNDO

viernes, 6 de diciembre de 2013

HOMENAXE A NELSON MANDELA


     Acabamos de coñecer a morte de NELSON ROLIHLAHLA MANDELA. Preto está o 10 de decembro, Día da Declaración dos Dereitos Humanos, e MADIBA, nome co que era coñecido no seu país, foi un destacado activista en prol dos dereitos humanos dos seus compatriotas Sudafricanos. A súa loita, a favor da liberdade de todos os homes e mulleres negros do seu país, costoulle estar encadeado 27 anos, os primeiros nunhas difíciles condicións con traballos forzados nunha canteira de cal ou recibindo unha soa visita e unha carta cada seis meses.
Finalmente, tras ser liberado, recibíu o PREMIO NOBEL DA PAZ  pola súa loita contra o "Apartheid" e foi elixido democraticamente Presidente do seu país.
Na nosa Biblioteca temos una biografía sobre a súa persoa. E para saber máis  pincha aquí.




Interésanos, tamén, a súa faceta como escritor. E así descubrimos:





Trátase dunha colección de 32 relatos, algúns moi antigos, transmitidos oralmente, e outros novos, procedentes de toda África: hai fábulas, mitos e lendas nas que os animais típicos deste continente demostrarán que a astucia triunfa sobre a forza.

Aínda que é un libro infantil calquera poder gozar da súa lectura. No prólogo MADIBA expresa o seu desexo de que todos os nenos e nenas africanos poidan marabillarse cos libros.

sábado, 26 de noviembre de 2011

DEREITOS DOS NENOS (20 DE NOVEMBRO) E DEREITOS HUMANOS (10 DE DECEMBRO)

A primeira declaración de dereitos do neno foi a Declaración dos Dereitos do Neno de 1.924, aprobada pola Sociedade de Nacións o 26 de decembro de 1.924.
 Anos despois, as Nacións Unidas aprobaron en 1948 a Declaración Universal dos Dereitos Humanos que, implicitamente, inclúe os dereitos do neno, porén, posteriormente chegouse ao convencemento de que as particulares necesidades dos nenos debían ser especialmente enunciadas e protexidas.
Por iso a ONU aprobou en 1.959 unha Convención sobre os Dereitos do Neno, que constaba de 10 principios.

Achegamos distintos materiais: un traballo feito polo CEIP Andrade, un vídeo e tamén algo de música que ilustrarán ambas Declaracións.

 - Traballo do CEIP de Andrade: "10 de decembro -  Dereitos Humanos".




 - Un vídeo: "Aprendamos nuestros derechos".



 - Vídeo musical: "Derechos de los niños" - Os Lunnis, para UNICEF.