O nosa biblioteca non para de argallar novos obradoiros para facer dos recreos un momento de explosión creativa. Para este mes temos preparado...
Empregaremos luces led, cinta de cobre, baterías, cartolinas... Todo o atopamos no espazo creativo da biblioteca e os nosos axudantes de biblioteca bótannos unha man se é preciso.
A segunda rolda da celebración doMes da Ciencia en Galego tocoulle ao alumnado de Primaria, que se amosou moi interesado por consultar a nosa selección de Lecturas "experimentais".
Convidamos para a xornada dos "Experimentos Experimentais", do día 23 de novembro, a Gabriel, mestre da Universidade de Vigo, quen aceptou a invitación de xeito extraordinariamente xeneroso. Desenvolveu co alumnado de Primariacatro experimentos, con explicacións didácticas, adaptadas ás distintas idades, para a súa comprensión:
A gran capacidade de comunicar de Gabriel
xunto coas ganas de aprender e colaborar do noso alumnado
deron como resultado unha "xornada científica" na que se desenvolveron estes experimentos:
CROMATOGRAFÍA: Para saber de que está feita a tinta, por que se pode separar, capilaridade do papel, o que fai o alcol...
A CANDEA QUE FAI SUBIR A AUGA: Para reflexionar sobre a combustión, a presión atmosférica, por que se apaga a candea, por que sobe a auga...
INFLADOR DE GLOBOS:
Que pasa cando se xuntan un ácido e unha base. Que gas sae. Que hai dentro do globo. Oxidación e redución...
FLOTA OU SE AFUNDE?
Para reflexionar sobre a densidade, a flotación. Por que o xeo flota na auga, como actúa o aceite...
En definitiva,
UNHA XORNADA CHEA DE GRANDES DESCUBRIMENTOS GRAZAS A GABRIELQUE TAMÉN NOS FACILITA ENLACES DE INTERNET PARA EXPERIMENTAR NA CASA