BLOG DA BIBLIOTECA DO CEIP PORTO CABEIRO (REDONDELA, PONTEVEDRA)

BLOG DA BIBLIOTECA DO CEIP PORTO CABEIRO (REDONDELA, PONTEVEDRA)
SAÍNZA, A NOSA MASCOTA

miércoles, 18 de diciembre de 2024

martes, 19 de noviembre de 2024

lunes, 4 de noviembre de 2024

sábado, 26 de octubre de 2024

Ola a todos e todas!
Benvidos ao novo curso 24/25.

Hoxe, 24 de outubro, DÍA DAS BIBLIOTECAS, abrimos as portas da nosa biblioteca.
Xa sabemos que o estabades desexando, so había que ver a afluencia da rapazada.


Bicos e apertas para todos e todas!

 

lunes, 24 de junio de 2024

Recomendacións lectoras para o verán

E coas lecturas recomendadas para o verán pechamos este curso no que a nosa Biblioteca foi testemuña de innumerables momentos de aprendizaxe, descubrimento e crecemento persoal. Este ano, ampliamos a nosa colección con novos e emocionantes títulos, dende novelas que nos fixeron soñar ata libros de consulta e información que nos axudaron a ampliar os nosos coñecementos. Ademais, todas as actividades que levamos a cabo tiveron unha gran acollida e participación. 
Desexámosvos unhas felices e merecidas vacacións. Vémonos no próximo curso con renorvadas enerxías e moitas mais historias para compartir. 
Felices lecturas e ata pronto!
The Importance Of Reading Brochure de Lores Sánchez

VOTACIÓN NOVO TEMA PLAMBE CURSO 24-25

O día 27 de maio levamos a cabo as votacións para decidir o tema do PLAMBE do vindeiro curso. As propostas elixidas polo Claustro eran: artesanía, moda e cadros que inspiran; e os resultado final da votación foi...












Historia de Instagram Ganador simple azul de Lores Sánchez

viernes, 21 de junio de 2024

Obradoiros 3º trimestre

E para rematar o curso aquí están os obradoiros que fixemos no 3º trimestre: banda deseñada e camisetas con Cricut.
Copia de biblioteca de Lores Sánchez

viernes, 7 de junio de 2024

Maletas viaxeiras

Este curso puxemos en funcionamento dúas maletas viaxeiras sobre creación artística (unha para Educación Infantil e 1º e 2º de Primaria e outra para o resto de cursos), que estiveron 3 semanas en cada aula. A través delas, os nenas e nenas puideron coñecer técnicas, recursos, materiais... e sobre todo e o que é mais importante, tiveron a posibilidade de poder desenvolver a súa creatividade deixando voar a súa propia imaxinación.

Post para instagram viaje maletas Ilustración colores pastel de Lores Sánchez

martes, 4 de junio de 2024

DÍA DE ÁFRICA

O pasado mércores día 29 de maio celebramos no colexio o "Día de África" como colofón final do proxecto anual deste curso. Cada aula presentou os seus traballos e expuxo os mesmos ao resto de compañeiros e compañeiras. Había maquetas, traballos escritos, dixitais, música e baile, xogos... todos eles relacionados con animais, ecosistemas, persoas ilustres, roupa tradicional, tribos, gastronomía, etc. do continente africano. Foi unha xornada moi enriquecedora para todos e todas na que as familias tamén puideron visitar a exposición ao finalizar a xornada. Sen dúbida un broche final espectacular para este proxecto que tanto nos aportou a todos e todas.

Collage Vision Board milimalista beige de Lores Sánchez

ENQUISAS VALORACIÓN BIBLIOTECA CURSO 23-24

Gustaríanos saber a vosa opinión da Biblioteca. Moitas grazas por colaborar.