Gabriel Celaya (seudónimo de Rafael Múgica Celaya) naceu hai 100 anos en Hernani (Guipuzcoa, 1.911) e morreu en Madrid en 1.991. É un dos maís destacados representantes da que se denomina "Poesía social".
Presionado polo seu pai estudiou Enxeñería en Madrid e traballou na empresa familiar. En Madrid coñece aos poetas do 27, entre eles a Federico García Lorca, e a outros intelectuais que o inclinaron cara ao campo da literatura, dedicándose dende entón por enteiro á poesía.
En 1986 foi galardoado polo Ministerio de Cultura co "Premio Nacional das Letras Españolas".
A continuación reproducimos un poema seu titulado: "EDUCAR" que establece paralelismos co tema da Biblioteca para este curso:
Educar é o mesmo
que poñerlle motor a unha barca...
... e poñer todo en marcha.
Mais para iso, un ten que levar na alma
un pouco de mariño...
un pouco de pirata...
un pouco de poeta...
soñar, mentres un traballa,
que ese barco, ese neno
irá moi lonxe pola auga.
Soñar que ese navío
levará a nosa carga de palabras
cara a portos distantes,
cara a illas afastadas.
Soñar que cando un día
estea a durmir a nosa propia barca,
en novos barcos ha seguir
a nosa bandeira enarborada.
No hay comentarios:
Publicar un comentario