Este curso celebramos un Samaín moi especial: “O Samaín Mariñeiro”, tendo en conta o Proxecto da Biblioteca.
O alumnado, xunto coas súas familias, na “ Semana dos medos”, decorou cabazas con múltiples motivos mariñeiros: cunchas, redes, gorros, parches de pirata… e, con moita imaxinación, fixeron que un recuncho do noso colexio se convertese, por uns días, nun “mar tenebroso” formado por barcos de todo tipo, mariñeiros, piratas malvados, peixes, polbos, ourizos, quenllas, baleas, sereas e, mesmamente, un faro e un acuario.
O venres, 28 de Outubro, alumnado e familias foron sorprendidas ao entrar no Colexio coas súas cabazas acendidas e, ao seu redor, cantáronse as cancións aprendidas en Música: “Monstros e demais” e “A bruxa”.
Ao rematar a mañá, cada alumn@ levou para a casa a súa cabaza para acendela pola noite o 31 de outubro, data en que se celebraba o fin da tempada da colleita na cultura Celta e comezaba o seu aninovo.
No hay comentarios:
Publicar un comentario