BLOG DA BIBLIOTECA DO CEIP PORTO CABEIRO (REDONDELA, PONTEVEDRA)

BLOG DA BIBLIOTECA DO CEIP PORTO CABEIRO (REDONDELA, PONTEVEDRA)
SAÍNZA, A NOSA MASCOTA

domingo, 25 de marzo de 2012

DÍA DA POESÍA COS TROBEIROS DA RÍA DE VIGO

O 21 de marzo é o Día da Poesía. Nós celebrámolo coñecendo os tres poetas da Ría de Vigo: Martín Códax, Mendiño e Xoán de Cangas  e organizando un Concurso de debuxo para escoller as ilustracións que acompañarán a algunhas das estrofas das súas Cantigas de Amigo e que editaremos nunha pegatina que despois repartiremos entre todo o alumnado e profesorado.
O Presidente da Real Academia Galega,  Xosé Luís Méndez Ferrín, considera que hai un triángulo máxico que ten como vértices Aldán, Vigo e a Illa de San Simón e que cada un deles ten un poeta medieval que é referente da nosa literatura: Xoán de Cangas, Martín Códax e Mendiño.
Xoán de Cangas deixou para a posteridade tres cantigas, Mendiño só unha e o máis laborioso destes trobadores da Ría foi Martín Códax. Aparecen no Cancioneiro da Vaticana e deles non sabemos absolutamente nada documentado, pero lendo o que escribiron podemos chegar a conclusións. Podemos saber que Xoán de Cangas tiña que ver con Cangas e, se nas súas cantigas aparece unha mención dunha romaría chamada de San Mamede do Mar, chegamos á conclusión de que se trata da que hoxe aínda existe en Beluso, na Ría de Aldán.
De Mendiño non sabemos nada, pero si que cantou a unha romaría dun lugar de oración chamado San Simeón, cercado polas ondas. Non existe en Galicia e norte de Portugal ningún lugar cunha ermida cercada polo mar e consagrada a San Simeón salvo a que está na illa do mesmo nome, no fondo da Ría de Vigo.
Con respecto a Martín Códax fala dun escenario situado en Vigo e do movemento das raparigas que danzan e se xuntan para se ir bañar ás ondas. Podería ser a igrexa de Santiago de Vigo ou a Colexiata pero ten que estar ao pé do mar e esa é a segunda.
Escoitade, musicadas, as seguintes Cantigas de Amigo:

- "Quantas sabedes amar amigo", de Martín Códax, con imaxes da Ría da cidade de Vigo.



- "Sediame eu na ermida de San Simón", de Mendiño.

No hay comentarios: