Como ven sendo costume dende hai uns cantos anos organizamos, en colaboración coa Responsable da Biblioteca Pública de Redondela, unha visita á mesma.
Así, o 27 de marzo, o noso alumnado de Infantil de 5 anos e de 3º de Primaria coñeceu as súas instalacións e asistiu a unha actividade de animación á lectura coa conta contos Leo.
Así, o 27 de marzo, o noso alumnado de Infantil de 5 anos e de 3º de Primaria coñeceu as súas instalacións e asistiu a unha actividade de animación á lectura coa conta contos Leo.
Entre outros, narrou e representou estas historias: “ O tambor máxico ”, “ Unha de piratas ” e “ A arboriña Risiñas ”.
Tamén cantou a un público, totalmente entregado e agradecido, cancións como “ Teño unha formiguiña na patiña”.
No hay comentarios:
Publicar un comentario