Persoal da Fundación Carlos Casares visitou o noso Centro o 31 de maio para ter un encontro dinamizador con 3º e 4º de Primaria. De xeito moi ameno e divertido, e interactuando co alumnado, achegáronnos á vida, á obra e á traxectoria deste gran escritor galego.
Nun segundo momento propuxéronlle @s cativ@s desenvolver “O xogo do papapío”, consistente en decorar un cubo con escenas relacionadas coa vida e obra de Carlos Casares nun tempo determinado.
Resultou unha grata e enriquecedora experiencia.
No hay comentarios:
Publicar un comentario