BLOG DA BIBLIOTECA DO CEIP PORTO CABEIRO (REDONDELA, PONTEVEDRA)

BLOG DA BIBLIOTECA DO CEIP PORTO CABEIRO (REDONDELA, PONTEVEDRA)
SAÍNZA, A NOSA MASCOTA

jueves, 27 de febrero de 2014

DÚAS EXPOSICIÓNS SOBRE O XADREZ NA Hª E OS CIRCUÍTOS ELÉCTRICOS

 
O alumnado de 5º de Primaria, usando os recursos da súa aula Abalar, levou a cabo unha actividade de investigación sobre o xadrez na historia: variantes do xogo antes do xadrez propiamente dito (o xadrez indio ou chatarunga, o xadrez bizantino, o xadrez Capablanca, o Shatranj, o xadrez dos granxeiros, o xadrez Acedrex…); as pezas do xadrez (os seus nomes e significado); lendas sobre a orixe; a súa chegada a Europa e logo a América, levado polos navegantes españois; os primeiros libros de xadrez; coleccións de selos co xadrez como motivo; a anotación alxébrica das casiñas do taboleiro…
 
Coa información recompilada e con distintos taboleiros e pezas, a mestra de E. Física, organizou unha Exposición no recibidor do colexio que está aberta a toda a Comunidade Educativa.

 O alumnado de 6º de Primaria desenvolveu un traballo sobre a electricidade e, unha vez explicado o esquema básico dun circuíto eléctrico, construíron cadanseu circuíto poñendo en xogo os seus coñecementos sobre o tema e a súa creatividade. Con todos eles o seu titor montou unha Exposición, no recibidor do colexio, sobre a “Electricidade e os circuítos eléctricos” que toda a Comunidade Educativa puido observar.

No hay comentarios: