Co gallo do Día Internacional da Muller Traballadora na Biblioteca fixemos unha selección de lecturas relacionadas coa temática.Ademais, tendo en conta que o noso Proxecto estuda o paso do home pola historia, decidimos escoller mulleres importantes de cada época para, entre todas as aulas, buscar información na Rede e noutros materiais e elaborar un Power Point que titulamos "Tralas pegadas de mulleres históricas": Lucy Australopithecus e Ardipitecus Ramidus, na Prehistoria; Agnódice, en Grecia; Hatshepsut “A Faraona” e Cleopatra VII, en Exipto; Dona Urraca e Trotula de Salerno, na Idade Media; Mary Wollstonecraft, na Idade Moderna; Clara Campoamor, na Contemporánea.
O venres, véspera do 8 de marzo, proxectámolo no recibidor na entrada do alumnado. Cada curso puido miralo ao longo da mañá.
No hay comentarios:
Publicar un comentario