O 27 de marzo acudiu ao noso colexio Manuel Ledo para impartir en Educación Infantil un Obradoiro sobre Petróglifos. Explicou aos cativos, amosándolles reproducións dos mesmos en pedra e en papel, información sobre que eran os petróglifos, como os facían os habitantes da prehistoria e con que motivos os decoraban, onde se atopaban… Trouxo con el cornos de cervos chinos e de gamos, machados, cantos rodados, silex... que os cativ@s puideron ver de cerca e tocar.
Fixo unha demostración práctica da técnica que el empregaba para reproducilos e os útiles cos que se axudaba.
O alumnado finalmente pintou petróglifos sobre un gran mural de papel branco.
Aproveitando a presenza de Manuel Ledo, que veu acompañado de Xose Lois Vilar Pedreira, do "Instituto de Estudos Miñoranos", o alumnado de 6º fíxolles a ambos sendas entrevistas. Efectivamente esta clase está a preparar a súa intervención nun programa de radio na emisora local de Redondela para participar en "Ponte nas Ondas". Esta actividade estase a organizar conxuntamente entre todas as Bibliotecas Escolares do Concello e a emisión será o próximo 30 de maio.
Grazas as preguntas coñecemos a traxectoria destes dous amantes da arqueoloxía e defensores do noso patrimonio material e inmaterial e aprendemos moito dos petróglifos e como M. Ledo os reproduce; que é o "Instituto de Estudos Miñoranos" e a súa actividade; e concenciámonos da necesidade de coidar o noso Patrimonio.
Para preparar a entrevista o alumnado empregou o "Titorial para aprender a facer entrevistas", subido á Rede por Mónica Muñoz Sobrino, da Biblioteca do CEIP Frián Teis de Vigo. Podedes consultalo pinchando aquí.
No hay comentarios:
Publicar un comentario