Cada 23 de abril conmemórase o "Día do Libro" e no noso colexio tamén queremos celebralo.
Para iso, organizamos unha Exposición na Biblioteca de libros de Mafalda, para conmemorar o seu 50 aniversario e de “Das cousas de Ramón Lamote”, no seu 30 aniversario. Tamén seleccionamos libros de Abraham Carreiro e de “Oli”, con ocasión das visitas organizadas pola Biblioteca.A aula de 2ºconfeccionou un Marca páxinas, con motivos relacionados co Proxecto da Biblioteca.
O 23 celebrouse o Encontro de 3º, 4º, 5º e 6º de Primaria co escritor e ilustrador Abraham Carreiro que nos resumiu, debuxando ilustracións dos personaxes principais, os seus libros “Estudios Tex” e “Xoeliki”, lidos polo alumnado destes cursos. Realizou un obradoiro cos de 3º e 4º, contestou a preguntas sobre o seu proceso creativo aos de 5º e 6º e, finalmente, asinou os libros do alumnado e o Libro de Honra da Biblioteca.
Para acceder ao blog de Abraham Carreiro pincha na súa imaxe
Encontro de Infantil, 1º e 2º de Primaria co escritor Xosé Manuel Glez. “Oli” que contou os seus libros: “O pirata Pata de Lata”, “Artur”, “Once damas atrevidas”… Asinou exemplares de “Leocadio, o león”, lido polos nen@s de 1º.
No hay comentarios:
Publicar un comentario