BLOG DA BIBLIOTECA DO CEIP PORTO CABEIRO (REDONDELA, PONTEVEDRA)

BLOG DA BIBLIOTECA DO CEIP PORTO CABEIRO (REDONDELA, PONTEVEDRA)
SAÍNZA, A NOSA MASCOTA

miércoles, 7 de mayo de 2014

DICIONARIO DE LIBROS E APADRIÑAMENTOS LECTORES

“Libro a libro, letra a letra” é o título do Dicionario de libros que confeccionamos entre todas as aulas do colexio, baixo a coordinación da Biblioteca e en colaboración co EDLG, e que nos propuxemos editar en formato papel e dixital. Cada letra do abecedario galego correspóndese coa inicial do título dun libro, do que se fai unha ficha contestando a tres preguntas: Quen é o protagonista?, Que sucede? e, por último, Como remata?
 
Para confeccionar o Dicionario, seguimos varios pasos: primeiro, cada curso seleccionou as súas lecturas: 
 
A continuación lémolas, traballamos a súa comprensión e poidemos contestar as cuestións propostas para completar a ficha.
 
Por último, pero non menos importante, fixemos intercambios entre cursos: o alumnado dunha aula foi contar a súa lectura a outra, compartindo así as historias. Foi un xeito de facer “apadriñamentos lectores” colectivos:
Así, por exemplo, 2º de Primaria contou unha das “Historias de ratiños” aos seus compañeiros de Infantil de 5 anos e de 1º de Primaria, para o que se acompañaron dun libro de tea que confeccionaron xunto coa súa mestra.
Tamén lles contaron o conto “Pirámide”, inventado pola clase e ambientado en Exipto, civilización estudada por este curso dentro do Proxecto da Biblioteca.
Esta actividade procurou dar a coñecer parte da variedade editorial da nosa Biblioteca ao tempo que pretendía fomentar a lectura entre os cativos e cativas, estimulando a colaboración entre profesorado e alumnado.

No hay comentarios: