De novo reniciamos a andaina da nosa Biblioteca neste 2.014/ 2.015 con moitas actividades.
O lema das Bibliotecas Escolares Galegas é BIBLIOTECA ESCOLAR... MATEMÁTICO!!! e nós traballaremos esta temática un pouco máis adiante xa que decidimos comenzar co tema do Proxecto para este curso: "Pegadas Artísticas da Humanidade". Estudaremos as Artes, tanto as clásicas como as máis actuais.
Ao longo de outubro desenvolvemos Sesións de Formación de usuarios entre o profesorado novo, o alumnado colaborador e o resto do alumnado para dar a coñecer o funcionamento da Biblioteca e difundir os seus recursos. Repasamos as actividades máis significativas: Mochilas Viaxeiras, Hora de Ler, Guías de Lectura, Exposicións, Visitas de escritores e de contacontos…
Explicamos unha iniciativa consistente en celebrar audicións musicais e asistir a proxeccións, os xoves e os venres, nos recreos, para así vivenciar a música e o cine como dúas das Artes a estudar. Tamén presenciaremos actuacións musicais do alumnado, preparadas pola mestra de música nas súas clases. Miramos un Power Point sobre o Proxecto “Pegadas Artísticas da Humanidade”, elaborado pola Responsable da Biblioteca (podedes miralo pinchando na páxina de Arte), e demos a coñecer a Exposición de libros de Literatura e de Consulta sobre as Artes.
No recibidor colocamos un Mural co lema “Pegadas Artísticas da Humanidade", para estimular a curiosidade do alumnado e como punto de partida na adquisición de coñecementos sobre o tema. Nel aparecen definidas e ilustradas as artes clásicas (Arquitectura, Escultura, Pintura, Literatura, Teatro e Danza, Música e Cine) mais outras artes máis actuais: Fotografía, Banda deseñada...
Tamén fixemos un Maratón de lectura para conmemorar o Día das Bibliotecas Escolares. Os títulos escollidos foron: “O monstro amarelo”, “Elmer”, “As letras na Arte”, “Sofía, a vaca que amaba a Música”, “O meu primeiro libro de Arte”, “A banda de Vilacendoi”, “Cada cadro co seu conto”, “Arte divertida para nenos”, libros relacionados co tema das Artes.
No hay comentarios:
Publicar un comentario