Para celebrar o Día do Teatro, o 27 de marzo, con bastantes días de anticipación organizamos unha Exposición, no corredor de entrada á Biblioteca, con libros para ler teatro para un público infantil como “As laranxas máis laranxas de todas as laranxas” de Carlos Casares; libros de consulta como “ ¿Que hay dentro de un teatro?”; materiais de elaboración propia como “Dicionario de termos teatrais”; vestidos e máscaras marabillosos usados en distintos espectáculos teatrais galegos, por exemplo o vestido da Fada dos bosques da obra “Un soño de verán” do Centro Dramático Galego; carteis anunciadores de espectáculos de teatro…
No hay comentarios:
Publicar un comentario