BLOG DA BIBLIOTECA DO CEIP PORTO CABEIRO (REDONDELA, PONTEVEDRA)

BLOG DA BIBLIOTECA DO CEIP PORTO CABEIRO (REDONDELA, PONTEVEDRA)
SAÍNZA, A NOSA MASCOTA

domingo, 26 de abril de 2015

DÚAS EXPOSICIÓNS SOBRE ARTE

En Educación Infantil levan un tempo traballando sobre a Lenda da Coca e as Danzas das Espadas e das Penlas, relacionadas como non co tema das Artes. Agora, un grupo de alumnos de 3, 4 e 5 anos fixeron una  Exposición oral  con todo o aprendido perante  o Ciclo de Infantil, contando ademais coa presenza do alumnado de 4º de Primaria.
     Así mesmo, no recibidor do colexio, podedes ver a Exposición de instrumentos musicais, a modo de esculturas, elaborados con todo tipo de materiais de reciclaxe polo alumnado e as súas familias durante as vacacións de Semana Santa.
 Contamos con instrumentos de percusión (baterías, tambores, maracas, zambombas, castañuelas…); de vento (frautas, saxofóns…) e de corda (guitarras, violonchelos, arpas…). Deste xeito recordamos a necesidade de reutilizar e conmemoramos o Día do Medio Ambiente.
Esta Exposición, dunha das Artes máis admiradas, a música, permanecerá no recibidor ata a primeira semana de xuño.

No hay comentarios: