Diferentes actividades serviron para festexar o mes do libro na Biblioteca do noso colexio:
Primeiramente organizamos unha Exposición cunha selección de libros, para todas as idades, acabados de mercar co Premio “Concurso de Traballos por Proxectos”. Fixéronse “Apadriñamentos lectores colectivos”: alumnas de 6º contaron ao alumnado de Infantil “Sacapenas” de Anthony Browne.
Os mestres de inglés e alumnos de 6º relatando historias en inglés dentro da actividade “Telling stories at the library. Ademais, repartíronse Marca páxinas, subministrados por Bibliotecas Escolares, a todo o alumnado. Algunhas aulas elaboraron os seus propios para festexar o Día do Libro.
En segundo lugar organizamos tres actividades dinamizadoras da lectura:

*Encontro de 5º e 6º de Primaria coa escritora Ledicia Costas que contou moitas curiosidades do seu libro “Escarlatina, a cociñeira defunta”, lectura colectiva deste alumnado neste curso. A escritora contestou a preguntas sobre o seu proceso creativo e, finalmente, asinou os libros do alumnado e o Libro de Honra da Biblioteca.
*Espectáculo poético - musical co músico e compositor compostelán Héctor Lorenzo.
*Para rematar o alumnado de Infantil, 1º, 2º, 3º e 4º asistiu a unha sesión do Conta contos Iago, que narrou: “Augusta e os seus medos”, interactuando co público.
No hay comentarios:
Publicar un comentario