BLOG DA BIBLIOTECA DO CEIP PORTO CABEIRO (REDONDELA, PONTEVEDRA)

BLOG DA BIBLIOTECA DO CEIP PORTO CABEIRO (REDONDELA, PONTEVEDRA)
SAÍNZA, A NOSA MASCOTA

lunes, 9 de noviembre de 2015

SEMANA DA TRADICIÓN ORAL E POPULAR 2.015

Do 9 ao 13 de novembro celebraremos a Semana da Literatura de Tradición Oral e Popular dando a coñecer lendas, contos, adiviñas… de todo o  mundo. 
Para iso organizamos unha EXPOSICIÓN con materiais diversos: “A volta ao mundo en 80 contos”, “La vuelta al mundo en 180 adivinanzas”, lendas do Ártico, India, Camboxa, Vietnam... e outras recompiladas e impresas expresamente para a ocasión: de Brasil, Rusia… Destacamos “Mis Cuentos africanos” de Mandela, unha colección de 32 relatos, algúns moi antigos, transmitidos oralmente, de toda África: hai fábulas e lendas nas que os animais típicos deste continente demostrarán que a astucia trunfa sobre a forza. 
A EXPOSICIÓN, que podedes ver nos recreos e na "Horas de Biblioteca", completouse con figuras de adorno, monecas, teas, tapices… de diferentes lugares: México, Brasil, Cuba, India, Marrocos, Exipto, Senegal, Turquía, Gran Bretaña, Francia, Portugal, Rusia...
No BLOG tendes enlazados vídeo contos, contos e lendas das diferentes culturas. Mirade a PÁXINA Unha viaxe polo mundo. Por exemplo, "La Estrella luminosa" un conto do poeta Abdurahman Boudda ambientado no Sahara (Norte de África) e representado coa area do deserto.
  
  Ou "La lluvia Ju Yukku", conto Maio, un pobo que habita no norte do estado mexicano de Sinaloa e ao sur de Sonora.

No hay comentarios: