"Pegadas Artísticas da Humanidade" foi o proxecto da Biblioteca para o curso 2.014/15. Todo o colexio participou activamente nas actividades organizadas pola Biblioteca, que foron moitas e moi variadas como sabedes.
Cada unha das aulas mais os mestres especialistas desenvolveron experiencias na procura de información para recollelas en variados traballos de investigación. Isto foi o que fixeron as mestras de Infantil, centrándose no estudo das Pegadas Artísticas de Redondela.
Todas as experiencias desenvolvidas foron recompiladas e presentáronse á II Convocatoria do Concurso Traballos por Proxectos, sendo por segundo ano consecutivo galardoadas cun dos premios, que conta cunha importantísima achega económica de 1.500 € que redundarán positivamente no funcionamento da Biblioteca. Felicidades ás premiadas.
Todo isto anímanos a seguir traballando para mellorar a formación lectora e informacional do noso alumnado, agora que estamos inmersos nas novas actividades relacionadas co noso actual proxecto Unha viaxe polo mundo.
Podedes ver a publicación elaborada polas mestras de Infantil titulada "Pegadas Artísticas de Redondela" na páxina de Arte.
No hay comentarios:
Publicar un comentario