Achegándose o 17 de maio, Día das Letras Galegas, quixemos, dende a Biblioteca, dar a coñecer ao noso alumnado a obra do autor homenaxeado este ano: Manuel María.
Para iso estivo o luns, 18 de abril, no noso colexio, convidado pola Biblioteca, Anxo, integrante do grupo Lucecús.
Contou a todo o alumnado, en dúas sesións distintas, historias inventadas por Manuel María e recollidas en distintas obras narrativas súas, como por exemplo en “O bigote de Mimí”.
Contou a todo o alumnado, en dúas sesións distintas, historias inventadas por Manuel María e recollidas en distintas obras narrativas súas, como por exemplo en “O bigote de Mimí”.
Intercalou co recitado de poesías, como as incluídas en “Os soños na gaiola”.
O público gozou deste espectáculo e para seguir coñecendo a Manuel María
tendes libros e outros materiais na Biblioteca.
Tamén podedes empregar os distintos enlaces recompiladas na barra da dereita (Ver Letras Galegas 2.016).
No hay comentarios:
Publicar un comentario