O día 25 de novembro é o Día contra a violencia de Xénero. Dende principios de ano foron asasinadas no noso país corenta mulleres e iso obríganos a reflexionar para inculcar valores de paz e respecto entre o alumnado. Dende a Biblioteca quixemos contribuír a visualizar o problema das violencias machistas facendo unha selección de lecturas e dando a coñecer os recursos que temos no Blog.
Fixéronse dous Murais, baixo o título "Trátame ben" e colocados no recibidor, para poder ser vistos pola Comunidade Educativa visualizando así o problema e aportando estratexias de solución.
Ademais 5º e 6º de Primaria participaron nun Obradoiro no que, de xeito activo, puideron reflexionar sobre esta lacra que asola ao noso país e sobre o xeito de construír unha sociedade onde ningunha muller sexa maltratada, escribindo eles as solucións para levantar unha sociedade máis xusta, igualitaria e libre.
No hay comentarios:
Publicar un comentario